Skip to Content

Proxectos

Actividades no Samaín

lupaSe queres ver como foi o Samaín no noso cole e quenes foron as gañadoras e os gañadores do concurso "Está de medo", podes visitar o Blog do Trasno Paroleiro  e o Blog Cóxegas para descubrilas

Excursión 1º e 2º Primaria

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou a Ecogranxa Atalaia, en Cotobade, para pasar toda unha xornada de aventuras.

Se queres ver que tal o pasaron, mira o seguinte vídeo.

 

La aventura de la selva

Después de un intenso trabajo, Aroa y Ainara de 3º de Primaria, estrenan "La aventura de la selva", una obra de teatro en la que han inventado y escrito el texto, dibujado y coloreado los personajes, y representado con mucho arte y estilo.

Esperamos que la disfruteis tanto como lo hicieron las alumnas y alumnos de Educación Infantil así como otros compañeros y compañeras de estas grandes artistas.

 

De Pontecesures a Francia

O alumnado de 4º de Primaria cóntanos, en francés, cales son os seus animais preferidos.

 

Quen son?

O alumnado de 6º de Educación Primaria fai as súas presentacións en francés. Vaia nivel teñen estas rapazas e rapaces!

 

As historias da Historia (ACTUALIZADO)

O noso centro está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e, por iso, cada ano se crea un proxecto común que integra ao alumnado e profesorado onde todos os equipos se implican e traballan de forma conxunta e coordinada.

Neste curso 2021-2022 o noso proxecto é...

As historias da Historia

A Historia permite que coñezamos o pasado para entender o presente e proxectarnos ao futuro con leccións aprendidas e retos por lograr. Estudiar a Historia desperta e cultiva a curiosidade e axúdanos a entender mellor os procesos sociais.

As actividades propostas adaptáronse ás tres etapas que conforman o noso centro e nesta nova poderás ver moitas delas, a medida que se vai actualizando, como resumo deste ano académico.

Non te esquezas de darlle a leer máis para gozar de todo o traballo realizado neste curso.

libros antigos

Contacontos con Paco Nogueiras

Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole. Paco Nogueiras veu a vernos para facernos gozar das súas historias, dos seus contos, da súa música e da súa alegría. 

Clica na seguinte imaxe para ver como foi esta actividade.

Actividade Paco Nogueiras

Entrega de premios "Un centro cheo de orgullo"

O Equipo de Convivencia do CPI de Pontecesures organizou este curso un concurso de carteis baixo o lema "Un centro cheo de orgullo".

Con esta proposta, quixemos sumarnos todos á necesaria loita contra a homofobia.

Nos traballos atopáronse debuxos e frases cargados de mensaxe. Queremos que saibades que tanto a participación como o nivel foron espectaculares. 

E despois dunha difícil deliberación, amosámosvos este vídeo no que se recollen todos, todas e todes as persoas que foron premiadas.

Queremos agradecer ás presentadoras e presentador do acto de Infantil e Primaria, así como ás presentadoras do acto de Secundaria o seu bo facer nesta entrega de premios.

 

Concurso "Un centro cheo de orgullo"

Unha cara pintada de moitas cores

 Un centro cheo de orgullo

17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

O Equipo de Convivencia, dentro das actividades de sensibilización que cada curso propón para avanzar no respecto á diversidade, convoca un certame de carteis que transmitan unha mensaxe positiva sobre a inclusión, o respecto, a convivencia entre as persoas e a tolerancia coa diversidade.

Para consultar as bases deste concurso vexa o ficheiro adxunto desta nova.

Exposición libros LGTBI

Superpreguiceiro

O alumnado de 1º de Educación Primaria ven de representar a obra "O superpreguiceiro", unha peza teatral insipirada no conto realizado por Xenaro o curso 2020-2021.

Ademais, para amosarnos a súa destreza coa Lingua de Signos, decidiron facer tamén accesibe esta obra para persoas xordas.

Esperamos que vos guste.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut