Skip to Content

As historias da Historia (ACTUALIZADO)

O noso centro está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e, por iso, cada ano se crea un proxecto común que integra ao alumnado e profesorado onde todos os equipos se implican e traballan de forma conxunta e coordinada.

Neste curso 2021-2022 o noso proxecto é...

As historias da Historia

A Historia permite que coñezamos o pasado para entender o presente e proxectarnos ao futuro con leccións aprendidas e retos por lograr. Estudiar a Historia desperta e cultiva a curiosidade e axúdanos a entender mellor os procesos sociais.

As actividades propostas adaptáronse ás tres etapas que conforman o noso centro e nesta nova poderás ver moitas delas, a medida que se vai actualizando, como resumo deste ano académico.

Non te esquezas de darlle a leer máis para gozar de todo o traballo realizado neste curso.

libros antigos

 Traballo realizado por Educación Infantil, onde viven a Prehistoria dunha maneira moi especial.

 

 

 

O profesorado especialista tamén está a participar activamente no proxecto, colaborando coas diferentes aulas nas súas produccións.

No primeiro ciclo de Educuación Primaria dedicaron este curso a investigar sobre o Camiño de Santiago.

 

Para seguir profundizando noutros momentos históricos, o alumnado de 2º de Primaria decidiuse a investigar sobre Exipto. Se queres ver canto traballaron, clica na seguinte imaxe.

Investigando sobre Exipto

O alumnado de 3º de Primaria dedicouse a investigar sobre o Titanic.  

 

O alumnado de 4º de Educación Primaria quixo achegarse ao mundo romano descubríndonos a súa orixe, arte, vestimentas ou comidas e bebidas. Para ver canto traballaron podes clicar na seguinte imaxe para ver os seus murais.

Murais de Roma

A aula de 5º de Educación Primaria elaborou un mural sobre a Idade Media onde recolleron os momentos máis históricos desta época. Se picas na imaxe poderás acceder a máis fotografías deste traballo.

mural Idade Media

 

Nesta aula tamén estiveron a investigar sobre catro compositores clásicos fantásticos dos que deron boa conta musicalmente.

 

 

Dende a clase de 6º de Primaria quixeron levarnos fóra da Terra, explorando o Universo.

  

Na Educación Secundaria tamén estiveron a argallar coa Historia. Se queres ver as maquetas que elaboraron os alumnos e alumnas de 2º da ESO podes clicar na imaxe seguinte.

Acceso a vídeo maquetas

E en 4º da ESO tiveron a oportunidade de reflexionar sobre a importancia de recuperar a memoria histórica da man de Montse Fajardo. Podes picar na imaxe seguinte para acceder a máis información.

Charla Montse Fajardo

 



page | by Dr. Radut