Skip to Content

Conmemoracións

Día do libro

Como cada curso, celebramos o Día do Libro no centro cos relatos do noso alumnado. Despois da elaboración, revisión e entrega, chega o momento máis especial e o que máis nervios provoca: coñecer aos premiados. Nesta ocasión, houbo participación das aulas de Educación Infantil e de aulas de Educación Primaria. Noraboa a todas e todos polo esforzo!

Xa podes descargar o documento para ler algúns dos relatos gañadores!

alumando de infantil no día do libro

alumnado de segundo ciclo no día do libro

alumnado de terceiro ciclo no día do libro

Celebramos o Día da Poesía e o Día da Auga

Os días 21 e 22 de marzo celébranse, respectivamente, o Día Internacional da Poesía e o Día Mundial da Auga. Desde o centro quixemos conmemorar estas datas cunha actividade moi vistosa: uns bonitos barcos de papel cheos de rimas que están a adornar a nosa biblioteca. Non deixes de visitar a exposición e dedicarlle un anaco á lectura. Seguro que te sorprendes co inxenio do noso alumnado!

 barcos papel barcos papel

barcos papel

8 de marzo: Dia Internacional da Muller

Na conmemoración do Día Internacional da Muller quixemos facer a nosa aportación con diferentes actividades de centro (carteis e presentacións) e con diversas intervencións dos niveis de primaria. O 1º ciclo de Educación Primaria fixo unha exposición de Mulleres de vidas relevantes a través de debuxos; o 2º ciclo de Educación Primaria deunos a coñecer a mulleres que dedicaron a súa vida a investigar os mares e océanos: Oceánicas; e o 3º ciclo de Educación Primaria fixo unha fotomontaxe coa canción Matriarcas para reivindicar a igualdade e un mural onde se amosa a desigualdade de atención, en canto ao deporte, nos medios de comunicación escritos.

 

debuxos 8 de marzo debuxos 8 de marzo
carteis oceánicas alumnado presentando oceánicas
alumnado presentando oceánicas alumnado presentando oceánicas
 desigualdade nos deportes

          8 de marzo

  Día internacional

            da Muller

Descanso de Entroido

antifaz entroido

 

Despois de tanto esforzo para facer que todas e todos puideramos disfrutar desta festa, tomámonos uns días de descanso para recuperar toda a forza. Disfrutade moito do Entroido.

Vémonos o vindeiro xoves 7 de marzo!!

entroido infantil e primaria          entroido secundaria
entroido secundaria 2  

Bo

entroido !

confeti

 

Día da PAZ

Cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e nós non queríamos deixar pasar a ocasión para traballar esta temática. Este ano puxemos a mirada no deporte, polo  que fixemos unha recollida de condutas de deportividade e de non deportividade que quedaron reflectidas nun gran mural que nos está a recibir cada día no corredor da planta baixa.

E para entender o deporte adaptado, que mellor que practicalo! Vendas por riba dos ollos ou extremidades que non se poden empregar foron a escusa perfecta para entender a todas esas persoas que se superan día a día e que, en moitas ocasións, nos dan leccións de vida.

 

 

Celebración do Magosto e Samaín

araña camiñando

O martes 30 de novembro celebraremos o Magosto e Samaín no CPI de Pontecesures.

Gracias a todo o alumnado por participar con cabazas, cestas de froitos do outono, decoración e debuxos que fan que o noso centro luza do máis "terrorífico" e outonal.

banner samain

VI CONCURSO DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR

 cartel gañador concurso samaín

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do CPI de Pontecesures anímannos a participar no Concurso de relatos e vídeos de terror. Neste curso  celébrase a sexta edición!

 

Podes consultar as bases do concurso no Trasno Paroleiro ou en Cóxegas.

 

Lara Blanco Fernández, de 3º ESO A, é a deseñadora do cartel gañador.

Para ver o cartel gañador e finalistas pica neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut