Skip to Content

Conmemoracións

Voltando con alegría!

Despois dunha longa ponte, queremos un regreso ás aulas alegre. E que mellor maneira de facelo que rememorando a festa de entroido! Unha festa que nos encheu de enerxía, a mesma que agora precisamos para afrontar este último tramo do curso. 

 

LETRAS GALEGAS 2023: XXV Certame Literario Intercentros. Concellos de Valga, Pontecesures e Catoira

 

Francisco Fernandez del Riego

Despois de uns anos de parón, retomamos con ilusión o certame literarioIntercentros para celebrar o Día das Letras Galegas. Esta cooperación entre centros ten como finalidade exaltar a nosa lingua, fomentar a súa normalización e apoiar ó alumnado con grandes capacidades literarias para animalos a que continúen co seu desenvolvemento.

O homenaxeado das Letras Galegas 2023 é Francisco Fernández de Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010) escritor, ensaísta, intelectual, político e fundador da Editorial Galaxia 

PARTICIPANTES

Poderán participar o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria dos centros CEIP de Baño–Xanza, CPI Pontecesures, CEP Xesús Ferro Couselo e CPIProgreso.

BASES

O alumnado que teña interese en participar deberá entregar un traballo literario no seu centro. Estes poderán ser conto,poesía, narrativa,banda deseñada ou teatro.

Conto,narrativa,banda deseñada e teatro serán de temática libre cunha extensión máxima de 2 folios (4carillas).

- Poesía,de temática e métrica libre, cunha extensión máxima de 1 folio (2carillas).

Os textos serán manuscritos e integramente en galego. Deben ser orixinais, sendo excluídos aqueles que teñan fragmentos ou partes de outros textos. Indicar ó principio de cada traballo: Nome completo,curso e centro. 

CATEGORIAS AGASALLOS

Repartiranse catro premios por categoría (3º,4º,5º e 6º de primaria) que corresponderá a un por cada centro participante e categoría.

No acto farase entrega dun diploma co posto acadado,trofeo e un agasallo. 

Fai viral a Rosalía - Premiados e premiadas

Xa se coñece o nome dos premiados e premiadas do concurso "Fai viral a Rosalía" deste curso 2022/2023.

Se queres descubrir os seus nomes visita a nova entrada do blog "O trasno paroleiro"

NORABOA!!!

Rosalía en varias cores

Fai viral a Rosalía!

Reto EDLGToca visualizar e compartir para que, a nosa Rosalía, sexa a Rosalía máis famosa.

Compartide coas vosas amizades, familias,...para facer viral a Rosalía!

Pica no seguinte enlace para acceder á lista completa de participantes.

*Recorda que para que se contabilicen as visualizacións deben se vistos ao completo!

Celebración do Entroido polas Rúas de Pontecesures

banner entroido  

1. O venres 17 de febreiro, o alumnado do CPI de Pontecesures desfilará a modo de comparsa polas rúas de Pontecesures e realizará unha pequena actuación na Plazuela.

2. Itinerario e acto na Plazuela:

    a) Sairemos ás 12:00h polo portal 3 do CPI de Pontecesures, zona Pino Manso.

    b) Baixaremos por diante do Centro de Saúde e Comercial Moncho.

    c) Cruzaremos a nacional 550 polo paso de peóns.

    d) Seguiremos pola Rúa C. Ullán.

    e) Xiraremos á dereita pola Rúa Nova e Rúa Portarrajoy ata a Plazuela.

    f) Actuación na Plazuela do alumnado do centro.

    g) Ao finalizar, subiremos pola Rúa Miguéns Parrado ata o colexio.

3. Todo o alumnado será acompañado polo profesorado do centro e contaremos co apoio do Concello con axentes da Policía Local.

4. As familias poderán situarse ao longo do itinerario para ver o desfile e para presenciar a actuación. Ubicaranse na praza da igrexa e no espazo que alí se estableza.

5. Mapa do recorrido.

recorrido desfile do entroido

 

Reto - Fai viral a Rosalía!

cadro RosalíaUn ano máis, no noso centro imos celebrar o día de Rosalía como se merece. 

Dado o éxito acadado coa actividade, o equipo de Dinamización da Lingua Galega volve a propoñernos este RETO cunhas leves modificacións que os participantes deben ter en conta.

Podes informarte do reto e das bases no arquivo adxunto, na web do Trasno Paroleiro ou nos taboleiros e corredores do centro.

Animádevos a participar!

Día da Paz

Este ano celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz enfocando a programación deste día dentro do conxunto de actividades que estamos a desenvolver no centro sobre a resistencia á frustración.

Dende o Equipo de convivencia planearon para ese día buscar camiños para atopar a paz interior, camiños para fomentar a paz dende dentro cara fóra-aprendendo a xestionar a frustración con mindfulness ou aproveitando os beneficios psicolóxicos, emocionais e físicos do xeito de cantar.

Se queres ver a morea de actividades que fixemos co gaio desta celebración, podes visitar este enlace do Blog da nosa biblioteca e/ou ver o seguinte vídeo.

 

Recordos de Nadal

Despois das vacacións, e xa metidas e metidos plenamente no traballo, non está de máis facer lembranza dos bos momentos vividos nunha época tan especial como foi o Nadal. Nesta entrada irémosvos deixando recordos que pouco a pouco están chegando ás nosas mans.

Recordo en Cóxegas

Recordo no Trasno Paroleiro: con Guille e con Algueirada

Recordo dos Cantos de Nadal 

 

 

 

Samaín e Magosto no CPI de Pontecesures

O Equipo de Extraescolares e de Dinamización da Lingua Galega queren compartir con nós unhas terroríficas e divertidas imaxes das últimas dúas celebracións no centro. Podes ver o seguinte vídeo e entrar no seguinte enlace para poder acceder a estas imaxes.

 

Felices Vacacións!

O 22 de xuño foi unha data moi buliciosa, con moita algarabía, batifondo e moi moi emotiva. Por moitas razóns, fin de curso, significa moitas cousas, non só a chegada das tan desexadas vacacións, senón a consecución ou non dos obxectivos (as notas), a festa cós compañeiros e compañeiras, as despedidas, de compañeiros/as que se van, de mestras e mestres que rematan ciclo, ou que se van do centro, por concurso ou por xubilación, os que viñeron substituíndo,...

Por todo o dito e máis, o noso centro neste día estivo cheo de emocións. Ledicia e tristura, revoaban entre nós, coma bolboretas que ían dun xardín florido a un inhóspito deserto.

Despedida

 

Graduación 4ºESO

(Pica na imaxe para ver a Graduación de 4º ESO)

Felices vacacións! Cargade as pilas para afrontar con moita enerxía o vindeiro curso!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut