Skip to Content

Conmemoracións

23 de Abril - Día do Libro

O alumnado de 1º de Educación Primaria quere compartir con todos o entusiasmo que senten cada día cando se mergullan nas historias, aventuras e andanzas que lles ofrecen os libros.

Feliz Día do Libro!

Alumnado de 1º de Primaria

XII Concurso do día do libro - Premiados

Con motivo da celebración do Día do Libro, queremos destacar a homenaxe feita por algún dos alumnos e alumnas do noso centro

 

diploma  participante
diploma participante 
diploma  participante
diploma  participante
diploma  participante
diploma  participantes

Se clicas en leer máis poderás ver as imaxes en grande.

XII Concurso do día do libro - Participación

Queremos agradecer e felicitar a todo o alumnado participante no XII Concurso Día do Libro, que con gran traballo e adicación nos achegou a súa fotografía lucindo nela como o seu personaxe favorito.

Nos seguintes vídeos podedes ver a literatura feita realidade.

  

 

XII Concurso Día do Libro 2021

póster do concurso do día do libro

Se non visualizas ben os pasos, podes descargar o póster en pdf que atoparás no adxunto.

21 de marzo: Día da Poesía

Para conmemorar esta data, desde o EDLG propúxose a un grupo do profesorado que nos fixera unha adaptación a Lingua de Signos dun fragmento do poema máis coñecido de Rosalía de Castro. Aquí tedes o resultado deste gran traballo. 

Feliz día da Poesía a todxs!

 

Gañadoras e gañadores do concurso Fai viral a Rosalía!

Rosalía de CastroXa se coñecen as gañadoras e gañadores de cada unha das categorías do concurso Fai viral a Rosalía!

Para descubrir os seus nomes visita o Blog do Trasno Paroleiro.

Moitas gracias ao alumnado participante, pois o seu esforzo volveu a traer a Rosalía a nosa vida.

Celebrando o Día de Rosalía de Castro

Como cada 24 de Febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Nesta ocasión é o alumnado de Educación Infantil o que quere compartir con todos nos unha pequena peza poética que prepararon con moito agarimo. 

Fai viral a Rosalía

Concurso Rosalía de CastroBases Concurso Rosalía

Podes descargar o poster e bases do concurso no documento adxunto.

Anímate a participar.

Descanso de Entroido

entroidoDespois de gravacións, atención ás comandas do Meco e o discurrir dun disfraz axeitado, tomamos un merecido descanso para recuperar forzas e afrontar o final de trimestre da mellor maneira.

Coidádevos moito nestes días e vémonos no cole o vindeiro xoves 18 de Febreiro!

Bo Entroido!

 Accede ao album de fotografías

Embarcados no entroido.

Neste entroido tan diferente quixemos alonxarnos destes lares e, o alumnado de Educación Infantill e Primaria, embarcámonos na Perla Negra xunto con Jack Sparrow. Foi moi especial ser piratas por un día e erguer as nosas armas para dicir ben forte: NON VAS PODER CON NÓS!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut