Skip to Content

Conmemoracións

2º Premio no Concurso de Poemas Musicados "A nosa Rosalía"

O alumnado de 1º de Educación Primaria gañou o 2º Premio do Concurso de Poemas Musicados "A nosa Rosalía", organizado pola Deputación de Pontevedra. Presentáronse na categoría CAMPANIÑAS con esta versión de "Campanas de Bastabales", baseada na interpretación que fixo o grupo galego Os d´Abaixo da musicalización realizada por Amancio Prada deste poema tan coñecido de Rosalía de Castro.

Os outros centros premiados nesta categoría foron o CEIP Mestre Manuel García (Oia) e o CEIP San Clemente de César (Caldas de Reis).

  

Terra - Actuación de Entroido

Aquí está a actuación que o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria levou a cabo na celebración de Entroido.

Música, voces e, por suposto, baile en rigurosísimo directo!

 

Petisco de Entroido

Para animar a volta ao cole, queremos ofrecervos un petisco do que foi o noso particular entroido neste curso 2021/2022. En breve poderedes gozar coa actuación máis "tanxugueira" do noso alumnado.

 

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

A celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz é unha desas datas que non podemos deixar de festexar no noso centro. A convivencia, o compañeirismo ou a empatía son valores importantes que teñen que acompañar o noso día a día. Neste curso, decidiuse que o mellor era celebralo coas nosas propias verbas, con percusión e deixandonos voar!

 

Festival de Nadal - Curso 2021/2022

Unha boa volta ao cole ben merece un bo recordo. E que mellor que facelo coas diferentes actuacións que o alumnado, tanto das etapas de Educación Infantil e Primaria como da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, fixo no último día de clase antes das vacacións de Nadal.

Deixámosvos os dous vídeos e esperamos que o disfrutedes tanto como nós o fixemos nese día.

 

 

 

E se queres ver algunhas das fotografías tomadas durante esa xornada, podes visitar o Cóxegas (blog da Biblioteca) ou O Trasno Paroleiro (blog do EDLG).

25 de Novembro: Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer

Neste 25 de Novembro, toda a comunidade educativa, querémonos sumar a esta celebración de rexeitamento da violencia, unha lacra que desexamos se erradique o antes posible e da que vemos que nos queda camiño que percorrer.

Amosámosvos algúns dos traballos realizados polo alumnado de Educación Primaria.

 

Samaín 2021

Esperamos que disfrutedes deste terrorífico vídeo de Samaín!

Despedida do alumnado de 4º ESO

Un curso máis temos que dicirlle adeus a parte do noso alumnado; alumnado ao que acompañamos desde que entraron ben pequeniños e con temor na etapa de Educación Infantil ata o último curso da Educación Secundaria. Un acompañamento que desexamos recorden sempre co mesmo cariño co que elas e eles serán recordados.

Se queres dar un paseo pola súa historia escolar, pica neste enlace.

Chao, chao, chao - 6º Educación Infantil

O alumnado de 5 anos quixo despedir o curso como se merece, cantando á porta do que foi a súa segunda casa durante os últimos 3 cursos. Teñen moitas gañas de comezar a súa nova aventura no cole dos maiores... pero antes... imos de vacacións!

 

Letras Galegas 2021 - Xela Arias

O CPI de Pontecesures quere render homenaxe a autora destacada das Letras Galegas neste ano 2021,  Xela Arias, a través das creacións do alumando.

 Homenaxe a Xela Arias 1

Homenaxe a Xela Arias 2

Distribuir contido


by Dr. Radut