[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46

Blogues

EU SON UN ARTISTA

Ola rapazada! Comezamos un novo ano e trimestre convertíndonos en ARTISTAS. QUEN SE ANIMA?

 

AERODINÁMICA

O alumnado de 4º de primaria tamén quixo probar as técticas da aerodinámica nos avións de papel!

A motivación non decaeu en toda a práctica!

AERODINÁMICA

Facer avións de papel é unha forma de achegarnos a aerodinámica dunha forma moi divertida!

Nesta práctica pudemos estudar distintas formas de facer avións de papel segundo o que buscásemos: que fose moi rápido, que planease, que fixese piruetas...

En resumo, pasámolo pipa!

PROFUNDIZANDO NOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

Os alumnos e alumnas de 4º de primaria tamén quixeron profundizar o estudo dos circuítos eléctricos!

Foron capaces de montar moitos circuítos con distintos elementos e de comprender que a electricidade é unha corrente que si se interrumpe, non "pasa" e os distintos elementos deixan de funcionar.

PROFUNDIZANDO NOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

O traballo cos circuítos eléctricos é moi divertido e nunca chega a nada, polo que desta vez quixemos profundizar no funcionamento dos circuítos eléctricos. 

Os rapaces e rapazas de 3º de primaria estiveron argallando con distintas opcións de funcionamento e distintos elementos como lámpadas, interruptores, motores...

  

ILUSIÓNS ÓPTICAS

 

O alumnado de 4º de Primaria tamén disfrutou da práctica das ilusións ópticas! 

Unha vez máis pudemos dar resposta a tantas preguntas que se nos ían aparecendo na nosa cabeciña. Outro grupo que disfrutou da experiencia a tope!

ILUSIÓNS ÓPTICAS

Na última práctica do Club de Ciencias analizamos ilusións ópticas.

Gracias a isto pudemos contestar a algunhas das preguntas que nos fomos facendo... Por que ocorren? Que fai que o noso cerebro nos engane? Como é posible?

Unha práctica moi interesante e que disfrutamos a tope!

Reto Camaleón

Boas familias!

Aquí vos vai o resultado da nosa participación no Reto Camaleón por parte da biblio do centro co motivo da celebración do Día do Libro. Pinchade abaixo en adxuntos para poder ver directamente as nosas fotos. Esperamos que vos guste!

 

Distribuir contido