[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17

Blogues

PARA SABER MÁIS DOS DINOSAURIOS

Bo día rapaces!Sabemos o moito que vos interesa o mundo dos dinosaurios, polo que vos deixamos outro vídeo para saber máis destes LAGARTOS TERRIBLES!. Agardamos que vos guste.

 

ANALIZANDO GOTAS.

Que forma teñen as gotas? Porque non se rompen e se derrama o líquido? Son iguas as gotas de auga que as de aceite? Que ocorrerá se lle engadimos outros elementos como o xabón?...

Todas estas preguntas pudémolas contestar coa práctica de hoxe. A verdade que descubrimos moitas cousas curiosas como a tensión superficial dos líquidos!

  

ANALIZANDO PEGADAS DACTILARES.

Por fin demos comeza ao Club de Ciencias!

A primeira práctica consistiu en analizar as pegadas dactilares. Puidemos comprobar que todos temos unhas pegadas únicas aínda que hai tres patróns que se repiten e que permiten ter distintas convinacións que, unha vez máis, nos fan ser únicos!

 

    

OS DINOSAURIOS

Ola rapaces! Sabemos o moito que vos gustan os dinosaurios e o seu mundo, polo que vos deixamos un vídeo onde podedes comprobar como eran e como viviron fai 65 millóns de anos.

 

CREAMOS DINOSAURIOS

Ola rapaces! Despois de mover o esquelete ao ritmo da canción de dinosaurio invitámosvos a crealo empregando as figuras xeométricas. Debedes recortar diversas figuras coma círculos, triángulos, cadrados de diversos tamaños e tamén  semicírculos en folios de cores, goma eva, revistas ou papeis diferentes que teñades pola casa. Unha vez que teñades recortadas estas figuras xa podedes deixar voar a imaxinación e crear o voso dino favorito. Deixámosvos un enlace a unha páxina na que podedes ver un exemplo de actividade para construír DINOSAURIOS.

https://aprendiendomatematicas.com/geometria-con-dinosaurios/

CANCIÓN DE DINOSAURIO

Ola rapaces! Xa chega a fin de semana, deixámosvos unha canción para que bailedes e cantedes en familia. Hai que mover as partes do corpo ao ritmo de DINOSAUR. PREPARADOS, LISTOS, XAAAAAAAA!

 

 

XOGAMOS AO TWISTER

Ola rapaces! Coñecedes o TWISTER, animádesvos a pasar unha tarde de xogos en familia?. Invitámosvos a que elaboredes dito xogo. Só necesitades uns folios de cor branca, ceras brandas, rotuladores ou témperas de cores para debuxar e pintar os círculos de cores. Unha vez que teñades o xogo creado xa estades preparados para desfrutar do mesmo. Deixámosvos un vídeo onde podedes observar como se xoga.

PARA SABER MÁIS DO OSO POLAR

Ola de novo rapaces! Aquí podedes ver un vídeo con máis curiosidades sobre  as características dos osos polares e o seu hábitat.

 

 

 

Distribuir contido