[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51

Blogues

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL.

O venres 23 de abril celebramos o día do libro recondando un conto que gustou moito cando estabamos inmersos no proxecto MONSTROLANDIA. Fixemos a nosa propia versión, utilizando unha "lupa máxica" para ir descubrindo partes do noso Monstro.

Aprendemos sobre os dinosaurios

Para seguirmos aprendendo moito dos dinos, aquí vai un vídeo sobre a súa orixe e os distintos tipos de dinosaurios.

Cal é o teu favorito? Poderías debuxalo?

 

O GRAN GRAN DINOSAURIO

O gran gran dinosaurio é un conto moi divertido que de seguro vos vai encantar.

Pincha sobre o vídeo para coñecer esta historia!

Xogando as cartas!

Boas! A proposta de hoxe esta relacionada cos números a través dunha baralla española de cartas. Propóñovos varias cousas:
- Ordenar os números de 1-10.
- Ordenar do 10-1.
- Clasificar por paus da baralla.
- Xogar unha partida ao "cinquillo": poñemos o número 5 de todos os paus da baralla e imos cubrindo as escaleiras. O que antes remate as cartas gaña.
Ánimo!

Por que se extinguiron os dinosaurios?

Como falamos na clase, temos moitas cousas que investigar sobre os dinos...e tamén son moitas as teorías que explican por que se extinguiron. Anímadesvos a facer un debuxo da teoría que máis vos convenza despois de ver este vídeo?

 

 

Apertas!

Memory de dinosaurios

Dado que estamos a investigar sobre os dinosaurios, preséntovos un xogo de memory sobre diferentes especies. Seredes quen de atopar todas as parellas?

Preme na imaxe para xogar!

ANALIZANDO IMÁNS. (4ºEP)

As alumnas e alumnos de 4º de primaria, tamén quixeron analizar imáns no día no laboratorio!

Pasárono xenial e descubriron características dos imáns que descoñecían!

   

 

ANALIZANDO IMÁNS. (3ºEP)

O alumnado de 3º de primaria estivo experimentando con imáns.

Descubriron que os imáns teñen dous polos é que se poden atraer ou repeler! Tamén aproveitamos para ver que materiais metálicos había polo laboratorio!

Toda unha experiencia!

 

Distribuir contido