Skip to Content

Estás no Blog do CLUB de CIENCIAS

Blog de Infantil 6B

Reto Camaleón

Boas familias!

Aquí vos vai o resultado da nosa participación no Reto Camaleón por parte da biblio do centro co motivo da celebración do Día do Libro. Pinchade abaixo en adxuntos para poder ver directamente as nosas fotos. Esperamos que vos guste!

 

Aprendemos sobre os dinosaurios

Para seguirmos aprendendo moito dos dinos, aquí vai un vídeo sobre a súa orixe e os distintos tipos de dinosaurios.

Cal é o teu favorito? Poderías debuxalo?

 

O GRAN GRAN DINOSAURIO

O gran gran dinosaurio é un conto moi divertido que de seguro vos vai encantar.

Pincha sobre o vídeo para coñecer esta historia!

Xogando as cartas!

Boas! A proposta de hoxe esta relacionada cos números a través dunha baralla española de cartas. Propóñovos varias cousas:
- Ordenar os números de 1-10.
- Ordenar do 10-1.
- Clasificar por paus da baralla.
- Xogar unha partida ao "cinquillo": poñemos o número 5 de todos os paus da baralla e imos cubrindo as escaleiras. O que antes remate as cartas gaña.
Ánimo!

Por que se extinguiron os dinosaurios?

Como falamos na clase, temos moitas cousas que investigar sobre os dinos...e tamén son moitas as teorías que explican por que se extinguiron. Anímadesvos a facer un debuxo da teoría que máis vos convenza despois de ver este vídeo?

 

 

Apertas!

Memory de dinosaurios

Dado que estamos a investigar sobre os dinosaurios, preséntovos un xogo de memory sobre diferentes especies. Seredes quen de atopar todas as parellas?

Preme na imaxe para xogar!

É TEMPO DE SAMAÍN

Distribuir contido


by Dr. Radut