blogue debggon |
|
|||
Prezadas familias: A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o venres 13 de novembro no DOG a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria. O alumnado de primaria e secundaria que fose beneficiario do vale para mercar material escolar (50 €) no curso escolar 2020/21. NON TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE. No caso de non solicitar a axuda de libros este curso poderán cubrir a instancia e serán beneficiarios se a renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal 2018). Xunto coa solicitude deberán entregar a documentación que sinala a orde. Prazo para presentar as solicitudes do 16 ata o 27 de novembro na Conserxería do centro ou a través da sede electrónica. |
|||
Publícanse as listaxes definitivas do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria. Pódense consultar da seguinte forma: a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365. b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos 881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h. A entrega do vale de material entregarase a partir do 7 de setembro. |
|||
Publícanse as listaxes provisionais do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria. Pódense consultar da seguinte forma: a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365. b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos 881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h. A entrega do vale de material entregarase a partir do 7 de setembro. |
|||
Publicase as listaxes definitivas do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Primaria. Podense consultar os libros asignados da seguinte maneira: a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros coa Chave365. b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos 881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 13:00 h. A entrega do vale de libros e o vale de material entregarase a partir do 1 de setembro. |
|||
Publicase as listaxes provisionais do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Primaria. Podense consultar da seguinte forma: a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365. b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos 881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 13:00 h. A entrega do vale de libros e o vale de material entregarase a partir do 1 de setembro. |
|||
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA O CURSO 2020/2021
A Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional mediante a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21
|
|||
Infórmase que para realizar calquera trámite imprescindible , poden poñerse en contacto co centro a través de: - correo electrónico: cpi.cernadas.castro@edu.xunta.gal - Móbil: 672 505 961, en horario de 11:00 h a 13:00 h, de luns a venres. A dirección
|
|||
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »