PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2020/21

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA O CURSO 2020/2021

 

A Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional mediante a  Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21

 

·          Tipos de axuda e destinatarios.

 

-          Fondo solidario de libros: alumnado que o vindeiro curso 2020/21 estará matriculado en 3º, 4º de EP, 1º, 2º 3º ou 4º de  ESO. No noso centro  5º e 6º de EP non utililizan libros de texto,  cursan o proxecto EDixgal , o  material é  dixital e usarán un portátil que se lles facilitará no centro polo que non poden solicitar o fondo solidario de libros.

 

-          Axudas para libros de texto: alumnado que o vindeiro curso 2020/21 estrá matriculado en 1º e 2º de EP, Educación Especial e con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

 

-          Material escolar: todo o alumnado que o vindeiro curso 2020/21 estea  matriculado en EP, ESO e E. Especial.

 

·          Requisitos.

 

-         Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos.

 

-          Renda per cápita igual ou inferior a 6000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda:

 

o    Os datos son os do exercicio fiscal de 2018.

 

o    Sumaranse os recadros 435 e 460 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/18.

 

o    No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal  de Administración Tributaria.

 

·         Presentación de solicitudes.

 

-          Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou accedendo á aplicación  Fondolibros (clica para acceder á aplicación) da Consellería de Educación. Na documentación adxunta tedes un manual a vosa disposición, se optades por presentar a solicitude de forma telemática.

 

-          Poden optar polas seguintes formas de presentación:

 

a)       No centro, en soporte papel, ata o 19 de xuño de 2020 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde a matrícula. Virán debidamente asinadas e coa documentación requirida; se se cubriu na propia aplicación Fondolibros, imprimirase  e entregarase cuberta co número que lle foi asignado para que o centro a poida recuperar.

 

b)       Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, que enviará un aviso ao correo electrónico do centro.

 

·         Documentación que se debe achegar.

 

-          Anexo II, que acompaña á solicitude, para a comprobación de datos de membros computables.

 

-          Copia do libro de familia ou documento que acredite número de membros computables a 31 de decembro de 2018 (sentenza de divorcio ou separación, certificado de convivencia, …).

 

-           Certificado acreditativo do grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar e/ou acreditación de violencia de xénero, de ser caso.

 

-          Acreditación de violencia de xénero, se fose preciso.

 

-          De non autorizar a consulta telemática,  á documentación anterior debe engadirse o DNI dos membros computables da unidade familiar e a declaración da renda do exercicio 2018 e o resto da documentación xustificativa.

 

·         Contía das axudas.

 

 

·         Fondo solidario de libros.

 

-          Participan nel todos os alumnos dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e todos os cursos da ESO que presenten a solicitude pertinente.

 

-          A este alumnado asignaráselle os libros por orde inversa á renda per capita da unidade familiar ata esgotar as existencias do centro, se ben teñen preferencia os alumnos en garda e tutela da Xunta de Galicia ou aqueles cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

-          Cando os libros non cheguen, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios para entregar: 6 libros ás rendas inferiores a 6000 € e 4 libros ás situadas no tramo entre 6000€ e 10000 €.

 

·         Obrigas dos beneficiarios:

 

-          En caso de recibir vales para material ou libros de texto, deben adquirir os libros de texto indicados polo centro e o material escolar necesario.

 

-            Os participantes no Fondo deben devolver en bo estado os libros de texto recibidos ou mercados co Fondo deste curso escolar 2019/20 e comprometerse a conservar os que reciben para o curso 2020/21. A non devolución   será causa de exclusión da participación no fondo.

 

Documentación adxunta: