[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

blogue desusana.sueiro

NON QUERO SER UN POLBO

Ola rapaces! Deixámosvos un conto sobre un polbo chamado Octavio titulado " Non quero ser un Polbo" da editorial OQO e escrito e ilustrado por  Francesca Chessa.Está contado pola Escola infantil de Tui. Nel atoparedes diversos animais do mundo mariño. Agardamos que vos guste. Está contado. 

 

OS GOLFIÑOS

BOA TARDE RAPACES! XA SABEMOS QUE VOS ENCANTAN OS GOLFIÑOS, POIS PARA SABER UN POUCO MÁIS SOBRES ESTES FERMOSOS E XOGUETÓNS ANIMAIS DO MUNDO MARIÑO DEIXÁMOSVOS O SEGUINTE VÍDEO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

A PRIMAVERA.

Ola rapaces! Por fin chegou a primavera e que mellor forma de festexalo que escoitando " A primavera" de Vivaldi. Podedes debuxar nun papel o que vos suxire esta gran obra artística. Agardamos que a desfrutedes

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Boas rapaces! O vindeiro 30 de xaneiro é o DÍA DA PAZ, polo que vos deixamos un fermoso conto titulado "WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ" contado polos alumnos do Cpi Mosteiro-Meis, a súa autora é Jeanette  Winter e a editorial Ekaré. Agardamos que vos guste esta fermosa historia protagonizada por Wangari no MONTE KEKIA en África.

CABALGATA DAS VALKIRIAS. RICHARD WAGNER

Ola artistas! Xa sabesdes que a Kandinsky lle gustaba moito pintar escoitando música clásica e en especial escoitar ao compositor alemán RICHARD WAGNER. Deixámosvos aquí a CABALGATA DAS VALKIRIAS composta por este artista e interpretada pola Orqueta Sinfónica de Galicia. Agardamos que vos guste como lle gustaba a Kandinsky.

GARABATO E TINTA. O CONCURSO

OLA RAPACES! A PROPOSTA DE HOXE É QUE VEXADES ESTE FERMOSO CONTO TITULADO " GARABATO E TINTA. O CONCURSO ". AUTOR ETHAN LONG. EDITORIAL LATA DE SAL. COMPROBAREDES O IMORTANTE QUE É O VALOR DA AMIZADE E APRENDER A COOPERAR.  AGARDAMOS QUE VOS GUSTE AMIGOS.

WASSILY KANDINSKY

Boas tardes rapaces! Comezamos a semana presentándovos a un artista ao que tamén lle gustaba moito xogar coas cores e pintar escoitando música clásica, chámase WASSILY KANDINSKY. Para saber máis observade o vídeo que vos deixamos a continuación. Agardamos que vos guste.

CANCIÓN DAS CORES

BO DÍA ARTISTAS! SEGUIMOS XOGANDO COAS CORES. A PROPOSTA DE HOXE É CANTAR E BAILAR A CANCIÓN QUE APARECE A CONTINUACIÓN. DESPEDIMOS A SEMANA AO RITMO DAS CORES.

Distribuir contido