[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51

blogue desusana.sueiro

CONTO ANIMADO PINTA RATONES

Ola rapaces! Hoxe imos xogar coas cores e cuns ratiños moi simpáticos. Agardamos que vos guste este conto tan divertido.

EU SON UN ARTISTA

OLA RAPAZADA! COMEZAMOS UN NOVO ANO E TRIMESTRE CONVERTÍNDONOS EN ARTISTAS COA AXUDA DE MAMÁ CABRA. QUEN SE ANIMA?

 

EU SON UN ARTISTA

Ola rapazada! Comezamos un novo ano e trimestre convertíndonos en ARTISTAS. QUEN SE ANIMA?

 

PARA SABER MÁIS DOS DINOSAURIOS

Bo día rapaces!Sabemos o moito que vos interesa o mundo dos dinosaurios, polo que vos deixamos outro vídeo para saber máis destes LAGARTOS TERRIBLES!. Agardamos que vos guste.

 

OS DINOSAURIOS

Ola rapaces! Sabemos o moito que vos gustan os dinosaurios e o seu mundo, polo que vos deixamos un vídeo onde podedes comprobar como eran e como viviron fai 65 millóns de anos.

 

CREAMOS DINOSAURIOS

Ola rapaces! Despois de mover o esquelete ao ritmo da canción de dinosaurio invitámosvos a crealo empregando as figuras xeométricas. Debedes recortar diversas figuras coma círculos, triángulos, cadrados de diversos tamaños e tamén  semicírculos en folios de cores, goma eva, revistas ou papeis diferentes que teñades pola casa. Unha vez que teñades recortadas estas figuras xa podedes deixar voar a imaxinación e crear o voso dino favorito. Deixámosvos un enlace a unha páxina na que podedes ver un exemplo de actividade para construír DINOSAURIOS.

https://aprendiendomatematicas.com/geometria-con-dinosaurios/

CANCIÓN DE DINOSAURIO

Ola rapaces! Xa chega a fin de semana, deixámosvos unha canción para que bailedes e cantedes en familia. Hai que mover as partes do corpo ao ritmo de DINOSAUR. PREPARADOS, LISTOS, XAAAAAAAA!

 

 

XOGAMOS AO TWISTER

Ola rapaces! Coñecedes o TWISTER, animádesvos a pasar unha tarde de xogos en familia?. Invitámosvos a que elaboredes dito xogo. Só necesitades uns folios de cor branca, ceras brandas, rotuladores ou témperas de cores para debuxar e pintar os círculos de cores. Unha vez que teñades o xogo creado xa estades preparados para desfrutar do mesmo. Deixámosvos un vídeo onde podedes observar como se xoga.

Distribuir contido