Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Comedor Menús

MENÚ MES DE SETEMBRO 2024

Xa tedes aquí o menú de setembro. 

 

 ANULACIÓN DE MENÚS: Débense anular os menús coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia. A anulación no propio día debe realizarse antes das 9:00h e unicamente por correo electrónico a cep.neira.vilas@edu.xunta.gal indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a”.

 

HORARIO

O horario de comedor será de 14:30h. a 16:00h.

• A partir das 15:30h. o alumnado xa poderá ser recollido pola súa familia. Por seguridade, as portas de acceso ao Centro permanecerán pechadas durante este horario. A entrega do alumnado será realizada polos coidadores/as do comedor escolar.

• As familias teñen a obrigación de ser as encargadas de recoller aos alumnos/as unha vez finalizado o comedor escolar e ser puntuais.

• Por norma non se debe recoller a ningún alumno/a antes de que finalice o comedor escolar que será a partir das 15:30h. Para a recollida, débese agardar na entrada ata que a coidadora entregue ao alumno/a. As familias agardarán na entrada e non poderán entrar no comedor.

• No caso de recollidas antes da hora que non estivesen previstas con antelación, quedará constancia da situación dándolle sempre aviso á persoa responsable do comedor.

• Ningún alumno/a poderá abandonar o comedor escolar sen custodia, excepto o alumnado de 5ºEP e/ou 6ºEP con autorización familiar.

• O modelo de autorización será entregado ás familias que o soliciten e deben devolverse asinadas ao equipo directivo do centro. Os coidadores/as do comedor escolar serán informados de tal circunstancia. • Se o alumno/a non é recollido pola persoa habitual (pai, nai e/ou titor) deberá vir provisto da autorización da familia ou ter entregado á dirección do centro as persoas autorizadas para a súa recollida e identificarse co seu DNI para poder recollelo/a. Esta persoa, non habitual, poderá ser un adulto ou poderá ser un irmá/n maior que estea matriculado en 5ºEP e/ou 6ºEP pero sempre disporá dunha autorización familiar do alumno/a que veña a recoller.

 

 

 

 

Consulta aquí o menú do mes. Curso 2023-2024.

Distribuir contenido


by Dr. Radut