Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Consello escolar

CONSELLO ESCOLAR 2023-2024

O Consello Escolar deste Centro, segundo o artigo sexto da Orde do 21 de outubro de 1996 que determina aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos Centros Públicos de ensino non universitario, queda composto polos seguintes membros, despois das eleccións de renovación parcial deste órgano mediante a Resolución do 19  de setembro do 2022:

 

PRESIDENTA: María Lemos Cerqueira

XEFA DE ESTUDOS: Lucía González Rodríguez

SECRETARIA: Mª Carmen Alonso Casellas

REPRESENTANTE DO CONCELLO: 

      Francisco Ferreira González

REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

         Purificación Penín Fernández

         Diana Ríos Dios

         María Catalina García Lago

         Andrea Martín Montoya

         Begoña Martínez López

REPRESENTANTES DAS FAMILIAS:

         Nuria Couto Soto

         Ana Isabel Gregores Rial

         Ana Vanesa Martínez Caeiro 

         Eva Conde Durán

REPRESENTANTE DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN:

       Isabel Rial Carro

 

 

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

 

1º- C. D, Eva

2º- M. C.  Ana Vanesa

 

    Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21)  corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2020, sendo un deles proposto pola ANPA.

 

   

    O que se fai público para xeral coñecemento.

 

 

 

                                                   Peitieiros, 21 de novembro de 2022

 

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN Á PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS

 

 

 

DÍAS 22  E 23 DE NOVEMBRO

 

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2022-2026

CONSELLO ESCOLAR

Apertura do proceso e constitución da Xunta Electoral

 

Estimadas familias,

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG Núm.187 30/09/2022), informámosvos que  proximamente o CEP Xosé Neira Vilas procederá á renovación parcial dos membros dos sectores educativos onde proceda.

          

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

- A directora do Centro

- Un profesor ou profesora.

- Un pai ou nai ou persoa titora legal.

- Un representante do persoal de administración e servizos

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na Disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG Núm.156 do 9 de agosto de 1996). O sorteo, que será público, preverá a designación de membros suplentes, e celebrarase neste centro o próximo venres, día 28 de outubro, ás 9.30 horas.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.    

Distribuir contenido


by Dr. Radut