Na clase de 5º pasamos unha mañá moi amena ao ritmo das poesías de Anxo Iglesias.
Trouxo moitos xogos de palabras para que todos e todas puidéramos facer poesía de xeito creativo.
Na clase de 5º pasamos unha mañá moi amena ao ritmo das poesías de Anxo Iglesias.
Trouxo moitos xogos de palabras para que todos e todas puidéramos facer poesía de xeito creativo.
Hoxe o alumnado de 6º A e 6ºB tiveron a sorte de compartir tempo coa escritora Iria Misa. Faloulles do seu libro “Unha veciña de película”, libro que está no itineraio lector de 6º.
Neste rato tan divertido o alumnado e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre os libros e o cinema. Tamén tiveron a sorte de poder ter os seus libros asinados pola autora.
Desde aquí queremos darlle as gracias a Iria pola súa visita e animarvos para que leades os seus libros.
Moitas grazas, Iria, por visitarnos e contarnos as túas experiencias!
Durante toda a semana tedes á vosa disposición libros de poesía en “O Recanto de Peiti”. Para lectura individual ou colectiva, para ler alí na alfombra, para levar ás aulas,…
Inauguramos o recanto “Biblio Horta” celebrando o día dos Bosques con Poesías.
Neste recanto o alumnado atopará libros de horta e sementes que poden levar para as súas casas.
Por quendas entraron á biblio para que a “Duende-Laura” presentase o recanto da Biblio Horta. Agasallounos cunha planta a cada un, que a continuación plantamos no bancal da súa aula na horta.
Cando remate marzo imos abrir un novo recanto adicado á HORTA na sala Anisia Miranda da nosa biblio. Alí atoparedes SEMENTES para plantar na vosa casa e, por suposto, libros de horta!
Para preparar este novo recanto, e celebrar este mes de marzo “cargadiño” de conmemoracións “verdes” (Día da Natureza, da eficiencia enerxética, do consumo responsable, dos bosques, da auga e Hora do Planeta).
O alumnado voluntario de 5º e 6º terán actividades preparadas, durante os recreos, para que enrededes “en verde”.
Nova edición do
LIBREANDO: OFICIOS
Tedes que atopar o libro de cada reto coas pistas propostas na nosa biblio Anisia Miranda.
Contesta ás preguntas sobre o libro (na caixa do correo xunto a nosa mascota, Peiti)
Haberá PREMIOS!!
“Lettering pola PAZ”!!!
Cada 30 de xaneiro celébrase o “Día da Ilustración” por ser o aniversario do nacemento de Castelao.
Tamén conmemoramos o DENIP (Día Escolar da Non-violencia e PAZ)
A nosa mascota, Peiti, quere unir as dúas actividades e animarvos deseñar un cartel con mensaxe de PAZ.
OS NOVOS LIBROS ESTÁN NOS ANDEIS DE NOVIDADES (xunto á porta de saída).
PASADOS UNS DÍAS PODERÉDELOS ATOPAR NO SEU ANDEL CORRESPONDENTE.
MOITAS GRAZAS
A VOSA AMIGA, PEITI