ACTIVIDADES

Inauguramos a "bibliohorta"

Inauguramos o recanto “Biblio Horta”  celebrando o día dos Bosques con Poesías. 

Neste recanto o alumnado atopará libros de horta e sementes que poden levar para as súas casas. 

 Por quendas entraron á biblio para que a “Duende-Laura” presentase o recanto da Biblio Horta. Agasallounos cunha planta a cada un, que a continuación plantamos no bancal da súa aula na horta.

Marzo "en verde"

 Cando remate marzo imos abrir un novo recanto adicado á HORTA na sala Anisia Miranda da nosa biblio. Alí atoparedes SEMENTES para plantar na vosa casa e, por suposto, libros de horta!GuiñoRisa 

Para preparar este novo recanto, e celebrar este mes de marzo “cargadiño” de conmemoracións “verdes” (Día da Natureza,  da eficiencia enerxética, do consumo responsable, dos bosques, da auga e Hora do Planeta).

O alumnado voluntario de 5º e 6º terán actividades preparadas, durante os recreos, para que enrededes “en verde”.

RETOS Libreando de Oficios

 Nova edición do    

LIBREANDO: OFICIOS

Tedes que atopar  o libro de cada reto coas pistas propostas na nosa biblio Anisia Miranda.  

Contesta ás preguntas sobre o libro (na caixa do correo xunto a nosa mascota, Peiti) 

Haberá PREMIOS!!

III Concurso de Contos de Nadal

Escribe unha pequena historia de xenerosidade, amizade, amor, sorpresas, alegrías, humor, enxeñosa,…

 => En galego.

=> En formato comic.

 Totalmente voluntario, pode ter a extensión que cada quen precise. Con presentación limpa e coidada (letra, ortografía,...).

MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS

Anímate, únete a Peiti e seus bibliotecarios voluntarios neste mes de descubrimentos científicos!!!

I Concurso de Epitafios e escolma de libros polo SAMAIN

HIP  HIP , R.I.P.  R.I.P.   hurra!!!!

Organizo un concurso!!!!!

 Co gallo do día 31 de outubro, “Samaín”, propóñovos que lle deades un pouco ao “coco” e pensedes un epitafio!!!.

Entrega de premios de Libreando e Reto a reto pelis ao peto

SEMANA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro (domingo 23),  organizamos cinco obradoiros durante toda a semana na sesión de Hora de Ler :

 Un Bookflix  por aula para colocar no novo recuncho de Peiti, na planta baixa, que se fará ao longo da semana do 17 ao 21 e colgarase o día 24.

 Estacións:

1ª Conto tolo: En roda cada alumno escolle nun par de minutos un parágrafo do libro que lle tocou na man e despois lemos todos seguidos para crear un conto tolo.

2ª Torre de libros: Preparamos unha torre de libros de xeito que lendo os títulos das portadas, permitindo engadir algunha palabra conector, creamos un conto.

3ª Abano esconde conto: A partir dun comezo de conto que lles damos, a primeira parella/trío de nenos/-as escribe unha frase e dobra a anterior para esconder, así sucesivamente cada grupiño engade unhas frases ao conto e dobran. Ao rematar abrimos todo o abano para ler a historia.

4ª Rosco literario: preguntas estilo “Pasapalabra”

5ª Bookface: A arte de encaixarse nunha portada de libro. Terán materiais, disfraces, teas e accesorios para preparar a foto.

 “Lecturas compartidas  o luns 24 faremos parellas ou tríos para ler todas/os xuntos no patio.