ACTIVIDADES

TERCEIRO CONCURSO DE LIBREANDO POLO BLOGUE

Imos polo terceiro reto 

Conmemórase o 60 aniversario das "Memorias dun neno labrego" 
 
 Este  reto ímolo adicar a este libro, van 60 anos da publicación do que se convertería nun auténtico fenómeno literario no sistema galego, as 'Memorias dun neno labrego' do noso padriño, falecido en 2015. 
Son xa 35 edicións cun total de 700.000 exemplares as que o converten na obra máis editada e vendida das letras galegas, así como a máis traducida. 

 

 As preguntas que tendes que contestar son as seguintes:

- Quen é o autor deste libro?

- Como se chama o protagonista deste libro?

Aquí vos deixamos os dous primeiros capítulos do libro, pero o podedes ler enteiro, se ides a biblioteca.

Respondede  no blogue, en comentarios.

 Os que acertedes teredes un premio. 

Non vos olvidedes de escribir o voso nome e  curso, para poder recibir o agasallo. 

Tendes de prazo ata o 1 de febreiro.

2º Concurso de LIBREANDO POLO BLOGUE

 Imos co seguinte reto, esta vez relacionado coa  conmemoración do 3 de decembro: 

O día Internacional das Persoas con Discapacidade.

A pregunta que tendes que contestar é a seguinte:

 

A que discapacidade fai referencia o libro " A miña irmá Lola"? 

 

Tendes o libro nunha entrada do blogue, ao igual que a representación teatral feita polo profesorado.



 

Respondede  no blogue, en comentarios.

 Os que acertedes teredes un premio. 

Non vos olvidedes de escribir o voso nome e  curso, para poder recibir o agasallo. 

Tedes de prazo ata o 18 de decembro.

Libreando polo blog

 Este curso debido a situación que estamos a vivir, non podemos realizar o concurso de Libreando, como levamos facendo xa hai uns anos, pero queremos seguir agasallando as persoas que queren participar e aprender a través da lectura con novos retos mensuais. 

Esta vez a actividades se realizará dende a casa, coa vosa familia para que vos axuden e participen.

Os retos serán sobre libros relacionados coas conmemoracións e celebracións, de cada mes, que responderedes  directamente no blogue, en comentarios.

Os que acertedes teredes un premio, non vos olvidedes de por o voso nome e o curso, para poder recibilo. 

Este mes o reto vai relacionado con 25 de novembro, Día Interncional contra a violencia de xénero. 

A pregunta que tendes que contestar é a seguinte: 

Quen foi a primeira doutora galega?

A continuación tendes unha serie de libros, que podedes atopar na nosa biblioteca. Tamén a podedes buscar en Internet. 

 

TEDES DE PRAZO PARA CONTESTAR ATA O 

30 DE NOVEMBRO 

Emocorreo

Desde o  Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos unha actividade para todas as clases chamada "EMOcorreo". Os dous obxectivos fundamentais son:

  • Por unha banda, fomentar o uso do galego a través de mensaxes que o alumnado envía libremente a compañeiros/as da mesma ou doutras clases, ou a padriños e madriñas que teñen asignados/as (para garantir que todo o mundo teña unha mensaxe)
  • E a expresión das súas emocións a través de ditas mensaxes, dada a gran importancia que cobran os sentimentos no momento actual que estamos a vivir.

Todas as caixas de correos pasan unha corentena antes de ser repartidas. 

Parabéns ao equipo de DLG por esta fabulosa idea. 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este curso tan atípico non podíamos deixar de festexar o Día das bibliotecas escolares, 24 de outubro. Pero esta vez non nos puidemos xuntar, polo que decidimos gravar os nosos contos, lecturas, teatrillos para ensinarllo á clase que apadriñamos. 

 

1º A contoulles a 5ºA "El pirata pata de lata" e 5ºA a eles e elas "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" con teatro de sombras.

 

                         


                

1º  B contoulles a 5º B o libro "Corre corre cabaciña" e recibiron o conto de 5ºB  que foi  "O galo Quirico".

 

 

 
2º tivo a sorte de escoitar dous contos de 4º A e 4º B. Contáronlles o conto "El pirata pata de lata"4º A "Imos cazar un oso"4º B "O coelliño Branco". 
   
 
3ºA contoulles un conto a 6ºA "El abrazo" e 6º A o conto de "Cocorico"
 
 
3ºB  contoulles a 6ºB dous contos "O monstro de cores" e "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"  e 6º B "Mi perro quiere bailar ballet"


       

Moitas grazas pola vosa participación.

 

"SOMOS IGUAIS" CONTOS POLA IGUALDADE. RAQUEL QUEIZÁS

O venres  tivemos a sorte de gozar coa actuación de Raquel Queizás.  Ela mesma se define como actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias. O seu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias. 

  Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental, o noso alumnado entrou  a formar parte da historia, interactuando coas historias que ía contando sobre a igualdade entre as persoas. Con esta narración:

 

 

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que 

AS PERSOAS SOMOS IGUAIS.  

 

Todas e todos gozamos coas súas historias ao aire libre.

Benvidas/os á biblioteca.

Con este vídeo queremos darvos a benvida á nosa biblioteca Anisia Miranda, neste curso que acaba de comezar. Esperemos que gocedes moito da lectura e que coidedes os libros.

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL DO 2020 dende a casa.

Hoxe para festexar o Día do libro dende o noso claustro fixemos esta interpretación da canción de Rozalén "Aves enjauladas" que acaba de publicar en colaboración coa ONG  Entreculturas.

A mensaxe  que nos quere  transmitir Rozalén é que "temos que vivir o que nos tocou día a día, aprendendo desta para volver con máis forza"



 
Cada reprodución en Youtube,  Spotify e outras plataformas permitirá a  Entreculturas apoiar as familias con risgo de exclusión social.