ACTIVIDADES

O día da POESÍA

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía,para  promover o ensino da poesía, creando unha imaxe atractiva da poesía como  unha vía de expresión. Así o fixemos no noso centro a través das seguintes actividades:

- Deixamos poemas por todo o centro para que o alumnado os collese e os recitase en calqueira momento e lugar.

 

 

- Selección de libros de poesía.

- Poemas polas clases:

 

 

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa todas as aulas fixemos unha sección para o noso xornal, A VOZ DA MULLER, relacionando desta maneira ambas celebracións, o día da muller e a prensa. Aquí vos deixamos o noso xornal.

Nel podemos atopar noticias relacionadas co día da muller, a muller na arte, entrevistas de mulleres, pasatempos, mulleres galegas na historia, mulleres na historia de España, carteleira...

RESULTADO DO PRIMEIRO CONCURSO DE CONTOS.

PARTICIPANTES 

  

  

 

PREMIOS PARA OS GAÑADORES E GAÑADORAS E PARA O ALUMANDO QUE PARTICIPOU. 

  

 PARABÉNS PARA TODAS E TODOS

I CONCURSO DE CONTOS

  Organizamos un concurso!!!!!  

I Concurso de Contos”  

Escribe un pequeno relato. Unha historia de xenerosidade, amizade, amor, sorpresas, alegrías, humor, enxeñosa,…

 

 Totalmente voluntario, pode ter a extensión que cada quen precise. Con presentación limpa e coidada (letra, marxes, ortografía).

Tamén podes incluír algunha ilustración.

 

- Participación individual.

- Haberá premios en tres categorías:

1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo

- Data límite de entrega: o venres 17 de decembro.

- Non esquezas poñer: Título, nome e curso. 

- Os contos  tédelos que deixar nun buzón que estará na biblioteca.  

Os vosos amigos.

 

Presentamos unha nova edición do concurso LIBREANDO

 CONCURSO !!

 

Nova edición do LIBREANDO

 

 

LIBREANDO POLA ARTE 

Tedes que atopar  o libro no que aparece a imaxe proposta no panel do concurso na nosa biblio Anisia Miranda.  

Contesta ás preguntas sobre o libro (na caixa do correo á porta da biblio ou neste blog).

Se as respostas son correctas gañarás UN SELO para o teu “PASAPORTE ARTÍSTICO”.

Cada tres selos haberá PREMIO!!

  1º CONCURSO DE LIBREANDO POLA  ARTE (clic aquí) Do 26 outubro ata 16 novembro 

 

 

2º CONCURSO DE LIBREANDO POLA  ARTE (clic aquí)ata 17 novembro

Día bibliotecas escolares 2.021

Este luns, 25 de outubro, conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares.

Cada clase pasou pola nosa biblio Anisia Miranda para escribir nun post-it a súa resposta á pregunta:

  Que é para ti a biblioteca?

En breve abrimos as portas da vosa biblioteca

En breve abrimos as portas da Biblioteca, con libros que apoien o proxecto do centro :A ARTE porque como di este ano o lema:

A biblioteca escolar ten a palabra.

 Todos os libros que temos na nosa biblioteca de ficción ou de información van axudarnos a medrar, a defender as nosa ideas coa linguaxe, abrindo camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento.

Nela tamén poderemos dialogar, debater, reflexionar, recitar, expor, ler en voz alta, ler en voz baixa, facer clubs de lectura ....

AIRELIBRO

Para festexar a semana do libro, levamos a cabo a actividade o AIRELIBRO, voluntarias e voluntarios léronlle un libro ao aire libre a outros cursos. De martes a venres, ás dúas todas e todos, colocados no noso sitio para gozar do aire libre cunha lectura compartida.