Inauguramos a "bibliohorta"

Inauguramos o recanto “Biblio Horta”  celebrando o día dos Bosques con Poesías. 

Neste recanto o alumnado atopará libros de horta e sementes que poden levar para as súas casas. 

 Por quendas entraron á biblio para que a “Duende-Laura” presentase o recanto da Biblio Horta. Agasallounos cunha planta a cada un, que a continuación plantamos no bancal da súa aula na horta.