Skip to Content

Inicio


 

Benvidos/as á web do

CEP "XOSÉ NEIRA VILAS"

Peitieiros - Gondomar

    Secretaría 886 110220

     Dirección 886 110219

Orientación 886 110222

E-mail: cep.neira.vilas@edu.xunta.gal


CALENDARIO ESCOLAR 2021-22

Co fin de que poidades organizar o vindeiro curso académico, deixámosvos o seguinte enlace no que podedes consultar o calendariio escolar da Consellería.

Fai clic neste enlace

Calendario Escolar

 


 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

Para consultar a listaxe definitiva de fondo libros poden acceder á aplicación FONDO LIBROS, no menú "cidadáns" mediante a chave 365 ou certificado dixital

 

Recordámoslles que tanto os lotes de libros como os vales, serán entregados no mes de setembro. As datas para vir recollelos serán publicadas nesta mesma páxina


 

Admitidos e excluídos en Fondolibros

Listaxe provisional de admitidos e excluídos en Fondolibros

Debido á lei de proteción de datos, non podemos publicar as listaxes na páxina web, polo tanto, a listaxe provisional de admitidos e excluídos en Fondolibros está exposta no taboleiro interior do colexio, así mesmo tamén poden consultar os admitidos e excluídos dos vales de libros e material.


Poden consultar o estado da súa solicitude a través da Chave 365 na aplicación Fondolibros ou ben chamando ao centro dende o vindeiro luns e ata o xoves 8 de xullo

RECORDAMOS QUE OS VALES DE LIBROS E MATERIAL SE ENTREGARÁN EN SETEMBRO


 

Listaxe de libros de texto curso 21-22

Adxuntamos a listaxe de libros de texto para o curso 21-22

A listaxe de material escolar será remitido a comezos de setembro

Fai clic na imaxe ou no arquivo adxunto

REVISTA ARCO DA VELLA


 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

O prazo para a formalización da matrícula para o alumnado que vén por primeira vez ao Centro será do 20 ao 30 de xuño

Documentación a presentar:

  • Anexo III-1 ( Cuberto e asinado ) ANEXO III   (Fai clic para acceder)
  • Fotocopia cartilla vacinas
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Fotocopia libro de familia (Só para o alumnado que veña do CRA)
  • Impreso solicitude Bus. (Só se o precisan) IMPRESO
    (Fai clic para acceder)
  • Impreso servicio de madrugadores (só se o precisan) IMPRESO MADRUGADORES (Fai clic para acceder)
  • Este servizo confirmarase en setembro si funciona xa que dependerá de si existe un número mínimo de 15 usuarios

 

Esta información está dispoñible tamén na sección Secretaría - Novas e Avisos


 

Axuda de Fondo libros e material escolar para o vindeiro curso 21-22

Aberto o prazo para solicitar a axuda de Fondo libros e material escolar para o vindeiro curso 21-22.

  O prazo remata o 22 de xuño

Os anexos pódense descargar dende esta web ou ben, se alguén o precisa impreso ,pode solicitalo a través da axenda do seu fillo/a e farémosllo chegar.

Seguidamente engadimos os documentos adxuntos:

Fai clic nos enlaces para acceder

Axudas libros información

Anexo I

Anexo II

 

Para consultar a orde fai clic no seguinte enlace:

Orde 6 de maio de 2021

DOG Núm. 93, Xoves, 20 de maio de 2021



Saúdos,
Equipo Directivo


 

Listaxe definitiva alumnado admitido no centro

 

Listaxe definitiva alumnado admitido no centro

Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso académico 21-22, foi admitido

Saúdos,
Equipo Directivo


Prazas vacantes 21-22


 

INFORMACIÓN COMEDORES ESCOLARES CURSO 2021-2022

A instancias da Concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro, axuntamos información para a inscrición dos comedores escolares para o curso 2021-2022.

As Bases Reguladoras así como os modelos de solicitude están a disposición na páxina web do Concello, no Rexistro Xeral e no Dpto de Benestar Social. Para maior información estamos á vosa disposición no Dpto. de Benestar Social tfno 986 360168.

 Fai clic nos seguintes enlaces para acceder aos documentos

 

20210608_ANEXO III DOC. EMERXENCIA-1

20210608_ANEXO II OBRIGAS.pdf

20210608_ANEXO I B SOLICITUDE SEGUNDO PRAZO.pdf

20210608_ANEXO I A SOLICITUDE COMEDOR.pdf

20210611_Tríptico.pdf

 


 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut