Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Cobertura Servizo Integral de Reparación

Díptico informativo Servizo Integral de Reparación

Poñemos a disposición das familias a información referente as coberturas do equipamento do alumnado que pertence ó marco do proxecto ABALAR-EDIXGAL 

Se queredes consultar as características e cobertura do Servizo Integral de Reparación facede clic na imaxe.

 

Acceso á contratación:

https://coberturasir.plexus.es


881 505 136
8h-18h de luns a venres
8h-18h de lunes a viernes
coberturasir@plexus.es

Esta información estará dispoñible no bloque Proxecto Abalar E-dixgal


 

MERCADILLO DE NADAL EN GONDOMAR

Este sábado e domingo, 10 e 11 de decembro estivemos no mercadillo de Nadal. Dende o concello facilitáronnos un posto para vender os nosos produtos e conseguir cartos para a excursión de fin de curso. Os nenos e nenas de 6º estivemos vendendo marcapáxinas, pulseiras, postais de nadal, pegatinas...Ademais de ser unha nova experiencia, deseñamos, confeccionamos, demos valor aos produtos, publicitamos, vendemos, falamos, compartimos, convivimos... 

Para repetir!

                                  

                

A RAG busca a 'Palabra do Ano' 2022.

 Convidámosvos, dende o CEP Xosé Neira Vilas, a toda a comunidade educativa a votar pola palabra galega máis representativa do ano 2022, actividade proposta pola Real Academia Galega para este ano. O prazo remata o 11 de decembro.

A palabra escollida polos nenos/as para representar ao cole, mediante a votación entre varias palabras foi AGARIMO. O noso trasno Pauliño amósanos as palabras escollidas polas aulas e a que resultou finalmente elixida. 

Animádevos a entrar e participar!

Deixámosvos o enlace para que poidades votar:

 

 http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

 

  

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e participación nesta actividade. 

 

 

3 DECEMBRO-DÍA DAS CAPACIDADES DIFERENTES

 O pasado 2 de decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3/12) que é a data elixida para facer un chamamento universal co fin de lograr unha sociedade o máis inclusiva e accesible posible e, como cada ano, o noso centro participou das iniciativas propostas do CEE Juan María. Neste caso, xuntámonos máis de 1000 alumnos, segundo nos indicaron, dos centros educativos do Val Miñor. A xornada levouse a cabo co alumnado de primeiro ciclo en Praia América (Nigrán). Foi un día de convivencia, de cometas voadoras, de agradecemento ás persoas que o fixeron posible, de sorrisos e merenda na area, de castelos, de bigotes de chocolate...que rico!, de sol e sal...Foi un día de compartir soños !

 

 

COMUNICADO: DÍAS NON LECTIVOS 5,6 E 8 DE DECEMBRO.

Lembrámosvos que o vindeiro luns, 5 de decembro, non haberá clase, polo que tampouco funcionarán os servizos de aula matinal e comedor.

Retomaremos as clases o 7 de decembro. O xoves 8 é festivo e o venres 9 lectivo.

 

25 N POR ELAS

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, realizamos diferentes actividades de concienciación co desexo de que esta lacra termine e construamos entre todos e todas, un espazo de convivencia igualitaria e respectuosa.

Este ano eliximos como canción representativa para conmemorar este día

POR ELAS de "ADHARA AND RITMAN"

 


 

Día dos Dereitos da Infancia

O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. O obxectivo desta data é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, entre outros, independentemente do lugar do mundo no que nacesen e así traballámolo dende a escola.

Gozamos dun tempo de recreo diferente onde puidemos compartir e xogar con numerosos xogos tradicionais. O alumnado de 6º, coa axuda dalgúns compis de 5º, titorizou ao resto do cole nun tempo onde alumnado e profesorado tentaron lograr cumprir todos os retos entre sorrisos e unha convivencia en harmonía total.

 

 

 

MAGOSTO 2022

Pauliño invita a celebrar o Magosto en compañía das familias o venres, 11 de novembro. Haberá xogos populares, merenda, castañas e moitas gaas de pasar un bo rato dándolle á lingua.

Feliz Magosto!!!

 

  

         

  

 

 


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut