Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

A RAG busca a 'Palabra do Ano' 2022.

 Convidámosvos, dende o CEP Xosé Neira Vilas, a toda a comunidade educativa a votar pola palabra galega máis representativa do ano 2022, actividade proposta pola Real Academia Galega para este ano. O prazo remata o 11 de decembro.

A palabra escollida polos nenos/as para representar ao cole, mediante a votación entre varias palabras foi AGARIMO. O noso trasno Pauliño amósanos as palabras escollidas polas aulas e a que resultou finalmente elixida. 

Animádevos a entrar e participar!

Deixámosvos o enlace para que poidades votar:

 

 http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

 

  

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e participación nesta actividade. 

 

 

3 DECEMBRO-DÍA DAS CAPACIDADES DIFERENTES

 O pasado 2 de decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3/12) que é a data elixida para facer un chamamento universal co fin de lograr unha sociedade o máis inclusiva e accesible posible e, como cada ano, o noso centro participou das iniciativas propostas do CEE Juan María. Neste caso, xuntámonos máis de 1000 alumnos, segundo nos indicaron, dos centros educativos do Val Miñor. A xornada levouse a cabo co alumnado de primeiro ciclo en Praia América (Nigrán). Foi un día de convivencia, de cometas voadoras, de agradecemento ás persoas que o fixeron posible, de sorrisos e merenda na area, de castelos, de bigotes de chocolate...que rico!, de sol e sal...Foi un día de compartir soños !

 

 

COMUNICADO: DÍAS NON LECTIVOS 5,6 E 8 DE DECEMBRO.

Lembrámosvos que o vindeiro luns, 5 de decembro, non haberá clase, polo que tampouco funcionarán os servizos de aula matinal e comedor.

Retomaremos as clases o 7 de decembro. O xoves 8 é festivo e o venres 9 lectivo.

 

25 N POR ELAS

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, realizamos diferentes actividades de concienciación co desexo de que esta lacra termine e construamos entre todos e todas, un espazo de convivencia igualitaria e respectuosa.

Este ano eliximos como canción representativa para conmemorar este día

POR ELAS de "ADHARA AND RITMAN"

 


 

Día dos Dereitos da Infancia

O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. O obxectivo desta data é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, entre outros, independentemente do lugar do mundo no que nacesen e así traballámolo dende a escola.

Gozamos dun tempo de recreo diferente onde puidemos compartir e xogar con numerosos xogos tradicionais. O alumnado de 6º, coa axuda dalgúns compis de 5º, titorizou ao resto do cole nun tempo onde alumnado e profesorado tentaron lograr cumprir todos os retos entre sorrisos e unha convivencia en harmonía total.

 

 

 

MAGOSTO 2022

Pauliño invita a celebrar o Magosto en compañía das familias o venres, 11 de novembro. Haberá xogos populares, merenda, castañas e moitas gaas de pasar un bo rato dándolle á lingua.

Feliz Magosto!!!

 

  

         

  

 

 


 

XOGADE-Campo a través 2 e 3 de novembro.

Os pasados 3 e 4 de novembro (previstos para o 27 e 28 de outubro)  celebráronse as actividades deportivas en Caldelas de Tui coa proba de campo a través en horario lectivo, co formato de carreiras por clases coa convivencia de todos os coles participantes. Nela participaron o alumnado de 2º,3º,4º e 5º e o seu profesorado. Organizado por AGRUDEBAM no programa de Xogade os nenos e nenas gozaron dun día de deporte e convivencia.

Moitas grazas a todos e todas as participantes, aos profes, e a AGRUDEBAM pola organización e dinamización de Xogade.

EDL presenta...

Coa chegada do Samaín chega o primeiro Tíralle da Lingua do curso. Caveiras, calacús, defuntos, candeas... Palabras en Galego para disfrutar do Samaín.

Agradecer ás familias pola gran exposición de calacús que chegaron ao colexio coa temática do cinema.


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut