Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Elección de representantes de familias para o Consello Escolar

Estimadas familias,

Recordámosvos que mañá, día 23 en horario de 9 a 9:30h  e de 14 a 14:30h, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

1ºQuen pode votar:  todos  os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

2ºModo de emitir o voto:

a) O voto será directo, secreto e non delegable.

b) Os modelos de papeletas serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo 2 das candidaturas.

Animámosvos a votar ás vosas representantes!

A DIRECTORA DO CENTRO E PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL

Aplicación de xogos tradicionais galegos

Estimadas familias,

Informámosvos que hai apenas uns días o Consello da Cultura Galega e o Observatorio do Patrimonio Lúdico presentaron unha páxina web e unha aplicación para teléfonos móbiles que teñen por finalidade que se poida poñer en marcha un xogo tradicional galego só con 1 minuto de consulta.

Candidaturas presentadas para o Consello Escolar

Estimadas familias,

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

1.- Mª Pilar Gestido Pousa

2.-Ana Isabel Gregores Rial

3.-Ana Vanesa Martínez Caeiro

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21)  corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018, sendo un deles proposto pola ANPA. Recordámosvos que a votación será o 23 de novembro, de 9:00 a 9:30h e de 14:00 a 14:30h, no centro. O que se fai público para xeral coñecemento.

A DIRECTORA DO CENTRO E PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL

Solicitude máscaras para o alumnado

Estimadas familias,

Informámosvos de que A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou, no Diario Oficial de Galicia do pasado venres 12 de novembro, a Orde do 28 de outubro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado que cumpra uns determinados requisitos.

Será beneficiario directo o alumnado ao que se lle concedese a axuda de material escolar no curso 2021-2022, polo que xa non ten que presentar solicitude.

En cambio, ten que presentala  do 15 ao 26 de novembro o alumnado que non fose beneficiario da axuda de material escolar e que cumpra algún dos seguintes requisitos: pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros ou estar suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Na seguinte ligazón tedes toda a información, así como o modelo de solicitude:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001_gl.pdf

 

Asamblea ANPA

Estimadas familias,

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS XOSÉ NEIRA VILAS DE PEITIEIROS CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Pola presente convócase a todas as familias socias da ANPA a unha Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais Xosé Neira Vilas de Peitieiros, que se celebrará no patio cuberto do colexio o luns 22 de novembro ás 18:00h en primeira convocatoria ou ás 18:30h en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, das actas de asembleas anteriores.

2. Informe da Xunta Directiva.

3. Lectura e aprobación, se procede, do estado de contas.

4. Rolda aberta de intervencións.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Pola presente convócase a todas as familias socias da ANPA a unha Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais Xosé Neira Vilas de Peitieiros, que se celebrará no patio cuberto do colexio o luns 22 de novembro ao remate da Asemblea Xeral Ordinaria, coa seguinte ORDE DO DÍA:

1. Elección dunha nova Xunta Directiva. Notas:

As candidaturas para formar unha nova Xunta Directiva deberanse presentar no correo electrónico da ANPA (anpapeitieiros@gmail.com) cunha antelación mínima de 48 horas antes da Asemblea (18:00 horas do sábado 20 de novembro), e deberán especificar os nomes das persoas socias que han asumir cada cargo da Directiva: Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría e Tesourería e as vogalías necesarias para cubrir as actividades da ANPA, tal como consta nos Estatutos da Asociación.

Recordamos que só pode acudir un membro adulto da familia, con mascarilla.

A reunión será na pista cuberta, polo que pregamos senten nas gradas mantendo as distancias de seguridade. Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.

Silvia Fernández Quintas Secretaria da ANPA

Peitieiros, 2 de novembro de 2020

Consello Escolar: Censo e datas votacións

Estimadas familias,

Continuando co proceso da renovación do Consello Escolar, informámosvos da publicación do censo electoral e das datas das votacións, que son as seguintes:

  • Sector nais/pais: martes 23 de novembro de 9:00 á 9:30h e de 14:00 a 14:30h.
  • P.A.S.: martes 23 de novembro de 10:00 a 11:00h.
  • Sector profesorado: martes 23 de novembro de 16:30 a 17:00h.

O censo de familias está dispoñible facendo clic aquí.

O documento para presentar candidatura, podédelo descargar aquí, para presentar en Secretaría.

A información sobre as competencias do Consello Escolar están no seguinte documento.

O acceso á convocatoria con toda a información do proceso está dispoñible no seguinte documento.

GRACIAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

CONSELLO ESCOLAR: Apertura do proceso e constitución da Xunta Electoral

Estimadas familias,

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29/09/2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.

          A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- A directora do Centro

- Un profesor ou profesora.

- Un pai ou nai ou titor legal.

- Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo luns, día 25 de outubro, ás 9.30 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.                                                                            

                                               

A DIRECTORA DO CENTRO

 

 

Scratch Day

Ábrese o prazo de inscripción para a VI edición de Scratch Day ata o 7 de outubro.

Coa activación desta iniciativa, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) continúa a espertar e fomentar as vocacións no ámbito STEM desde idades temperás, Scratch Day é unha actividade de carácter familiar e enfoque lúdico-formativo dirixida a mozos e mozas de 6 a 16 anos, na que, acompañados dun adulto, poderán gozar dunha mañá aprendendo e compartindo valores e nocións sobre programación informática,  sen necesidade de ter coñecementos previos na materia. Nesta edición, en pleno período extraordinario do Xacobeo os, rapaces e rapazas participantes poderán desfrutar resolvendo retos e completando os tres Scape Rooms ambientados no Camiño de Santiago. (Máis detalle)

En paralelo, celebrarase un obradoiro dirixido aos profesores e responsables de centros educativos interesados en introducir o Scratch na docencia.

Esta actividade encádrase no convenio de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Amtega.

Todos os detalles e instrucións para participar nesta iniciativa están actualizadas no espazo web:

 https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/vi-scratch-day

Un saúdo

Xosé Manuel Iglesias Diz 
Xerencia de Proxectos de Educación
Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut