A TRIBU DOS VERDES

Accede ao blog facendo clic na imaxe


 

OBRADOIRO MUSICOLLAGE

Os nenos e nenas dirixidos pola mestra Cruz, representan o outono de Vivaldi con pinturas, debuxos e recortes que plasman nunhas bonitas composicións.


 

ÚNETE AO MOVEMENTO RAEE DOS BOLECHAS CON... OS ELECTRECOS.

O Mércores 9 de Xaneiro visitou aos nenos e nenas de 3º de Primaria un mestre galaico-ruso para explicarnos a importancia de reciclar os aparellos electrónicos e eléctricos e lugares onde se poden levar para a súa reciclaxe, Punto Limpo dos diferentes concellos e tendas de electrodomésticos. Os nenos e nenas disfrutaron moito, rematando a sesión cun rap sobre a reciclxe. O mestre agasallou aos nenos e nenas cun libro dos Electrecos dos nosos amigos os Bolechas. A Actividade forma parte do noso proxecto de Voz Natura da importancia de reciclar.


 

OBRADOIRO COCIÑA

As/os alumnas/os de terceiro e cuarto de Primaria, disfrutaron co obradoiro de cociña de Nadal, no que prepararon unha árbore de Nadal de chocolate e turrón. Como lles gusta o chocolate...


 

NON MÁIS LUMES

Os nenos e nenas de 3º curso pintan unha colorida pancarta co fin de facer un chamamento polo coidado dos nosos bosques.

Que non arda ningún máis! Queremos os nosos montes tan coloridos como os vosos debuxos.

Bo traballo!!!


 

Patrimonio de Gondomar

Investigamos sobre Patrimonio

O segundo Ciclo, está a traballar arreo estes días o tema do noso Patrimonio. Recibimos nas clases a visita duns avatares moi especiais que nos pedían axuda para coñecer un pouco os tesouros da nosa parroquia.

Elaboramos murais, compartimos información polos corredores, e ata creamos códigos QR nos que se pode consultar  información das distintas parroquias ás que pertencen, así como monumentos de interese. Risa

 

Inicio de sesión