Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Novas e avisos

MATERIAL ESCOLAR 24-25

Xa están dispoñibles os listados de material escolar para o curso 24-25.

1º Ed. Primaria

2º Ed. Primaria

3º Ed. Primaria

4º Ed. Primaria

5º Ed. Primaria

6º Ed. Primaria

 

CORRECCIÓN DE ERROS: O maletín para ordenador portátil de 5º e 6º de EP debe ser de 12".

RECOLLIDA FONDO LIBROS 3º E 4º EP


O vindeiro martes, 3 de setembro faremos entrega dos lotes de libros correspondentes ao alumnado de 3º e 4º de EP solicitados para curso 2024-2025.

A entrega farase na Seretaría do centro en horario de 12:30 a 14:00 horas.

En caso de non poder acudir, poderase recoller por parte doutra persoa contando cunha autorización escrita da familia interesada.

 

Recordamos que no mesmo horario pódense recoller os vales de axudas pendentes.

INSTRUCIÓNS E SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR 2024/25

Instrución conxunta 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares.

 

LIBROS 24-25

Publicamos listaxe de libros para o vindeiro curso 24-25.

Pódese consultar premendo a continuación.

 

Listaxe libros de texto 24-25

 

 

Nota: O material escolar publicarase ao longo da primeira semana de setembro.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Todo aquel alumnado que se incorpore novo ao centro o vindeiro curso 2024-2025, deberá formalizar a matrícula entre o xoves 20 de xuño e o venres 28 de xuño na Secretaría.

Para realizar este procedemento deberá presentar a seguinte documentación:

-Impreso de matrícula (Anexo III-1)

-2 fotos tamaño carnet

-Fotocopia tarxeta sanitaria

-Fotocopia do libro de familia (só para o alumnado que veña do CRA Antía Cal)

-Impreso de solicitude de bus (solicitalo na secretaría do centro se o precisa)

 

NOTA: O servizo de transporte escolar é só para o alumnado da zona ao que lle corresponde este centro (usuario lexítimo das parroquias de Morgadáns, Chaín, Couso, peitieiros e os da rúa Emigrante en Gondomar). O resto do alumnado só poderá optar ao servizo de transporte se houbese prazas vacantes.

Axuda Fondo Libros e Material Escolar 2024-2025

 

Para solicitar as axudas correspondentes deben cumplimentarse os Anexos I e II e presentalos, tendo de prazo dende o 21 de maio ata o 21 de xuño.

Poden presentarse na secretaría do centro  (en horario de 12:50 a 13:30 horas) ou por Sede electrónica (Chave 365 ou certificado dixital).

Orde publicada no DOG

Anexos I e II

Información e documentación a presentar

 


 

Admitidos no proceso de admisión curso 24-25

 

CEIP San Mateo

 

Informamos que todas as solicitudes de Admisión presentadas no centro para o vindeiro curso académico 24-25 foron admitidas .

Recordamos que debedes formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

PROCESO DE ADMISIÓN

Informamos que o prazo para realizar as solicitudes de ADMISIÓN (alumnado de nova incorporación ao centro) para o vindeiro curso 24-25 abrangue dende o 1 de marzo ata o 20 de marzo.

  A solicitude de admisión Anexo II-ED550B  pode presentarse de 3 formas

 

1) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e presentala asinada de xeito manual no centro.

 

2) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e asinala en Sede Electrónica con certificado dixital.

 

3) Cubrir a solicitude Anexo II-ED550B manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 

O seguinte Manual para as familias servirá de guía para poder cubrir o Anexo II:

 

Manual para as Familias.

 

Para máis información poden consultar o archivo premendo na imaxe.

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut