Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Actividades

CHARLA EDUCATIVA FAMILIAS

 

Ferramentas Prácticas para a resolución de conflitos

O vindeiro mércores, 23 de maio, a ANPA e o centro continúan coa Escola de Familias achegando un tema moi importante no noso día a día e na convivencia cos nosos fillos e fillas e coa sociedade en xeral. Será impartida pola pedagoga e psicóloga Rocío Villar  e financiada polo Centro de Formación e Recursos de Vigo a través da creación da ENAPA.

Nesta charla que se ofrece atoparás información sobre os conflitos familiares. Desde que son os conflitos familiares ata como resolvelos. Centrarémonos entre pais e fillos ou entre irmáns, pero trataranse distintos tipos.

Explicámosche por que se dan os tipos de problemas familiares máis comúns mediante exemplos de conflitos familiares.

Os problemas familiares deben abordarse de maneira diferente, segundo a orixe, os factores que o manteñen e as características das persoas implicadas. Con todo, existe un punto en común principal e imprescindible para solucionar un conflito: aprender a comunicarse de forma asertiva.

Se non sabes que facer ante problemas familiares ou queres afondar na temática sobre técnicas de resolución de conflitos familiares para que saibas xestionar e solucionar os problemas da familia, esperámoste o xoves 23 de maio de 4.30h a 6.30h no CEP Xosé Neira Vilas.

 

Agardamos que sexa do voso interese e esperamos contar coa vosa presencia para aprender xuntos/as.

ESCOLA DE FAMILIAS- Obradoiro de Crianza SeXgura. De 16:30h a 18:30h.

O vindeiro mércores, 3 de abril, a ANPA iniciará a Escola de Familias co obradorio de CRIANZA SEXGURA, unha actividade onde as familias de todos os cursos, persoas coidadoras, con tutela ou ámbito profesional vinculado ás crianzas poderán aprender, cuestionar e resolver dúbidas afectivosexuais en relación as/os meniñas/os do fogar durante 2 horas, a través do acompañamento profesional, favorecendo un espazo seguro e libre de xuízos. Traballarase con diversos materiais, ferramentas e recursos.

O obradoiro levarase a cabo no centro escolar de 16:30h a 18:30h. É totalmente gratuíto e será impartido pola educadora social Tamara Rodríguez Pereira.

O seguinte mércores 17 de abril, continuarase co mesmo obradoiro pero con contidos diferentes na mesma hora e no mesmo lugar.

Agardamos que sexa do voso interese e esperamos contar coa vosa presencia para aprender xuntos/as.

CONTOS NA BIBLIOTECA ANISIA MIRANDA

CONTACONTOS EN FAMILIAS 

A ANPA  de Neira Vilas e o cole convídavos a unha nova actividade de contacontos na biblioteca Anisia Miranda que mércores día 31 de xaneiro dende as 16.15h ata as 17.30h.

 

AGARDÁMOSVOS NA BIBLIOTECA DO COLE!

 

PULSA NO CARTEL 

    

Noite de risas e contos.

Vaia noite tan divertida!

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut