Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Actividades

Circo de Nadal en Vigo

A ANPA organiza unha saída ao Circo de Nadal en Vigo o vindeiro domingo, 11 de decembro pola tarde. Consulta toda a información a continuación.

 


 

 

CINE DA ANPA NO COLE: O pequeno vampiro

Este venres, 28 de outubro, tivemos cine en familia! Compartimos a película de "El pequeño vampiro" ás 21.30 H. A entrada foi de balde. O alumnado de 6º participou da organización do evento e da venda de produtos para a excursión de fin de curso. 

Agradecemos a boa acollida polas familias e a súa sistencia á mesma na que pasamos un rato moi agradable.

A recadación será destinada a axudar a financiar a excursión de fin de curso de 6º.

Moitas grazas familias pola vosa participación e colaboración! Moitas grazas tamén ao alumnado de 6º!

Actividades Extraescolares

Deixámosvos información das actividades extraescolares da ANPA para o presente curso. A inscrición terá de prazo ata o 23 de setembro a través da plataforma: https://activities.tokapp.net/

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021-22

 

LUNS MARTES XOVES

PEQUECHEF

Ubicación: Cociña

INGLÉS

Ubicación: Aula Inglés

INGLÉS

Ubicación: Aula Inglés

 

ROBÓTICA

Ubicación: Aula Relixión

 

 

 HORARIO: 16:30 a 17:30

 


 

ACTUALIZACIÓN Actividades Extraescolares ANPA

Desde o día 16 de setembro e ata o 27 de setembro podedes realizar a inscrición nas actividades extraescolares do cole a través da plataforma https://activities.tokapp.net

Colgamos o novo dosier actualizado. Ademais, tamén vos deixamos unha Guía para a aplicación de Tokapp, cos pasos a seguir para poder rexistrarvos fácilmente.

INFO NECESARIA:
a) Para Vincular o centro, o código de centro necesario é Nei21
b) Dar de data ao alumno/a no apartado "Alumnos".
c) Para poder facerse socio da ANPA debedes entrar en "Contratar actividades", Seleccionar Centro, e logo, Seleccionar una actividad "Cuota socio". O pago da cuota será a final de mes, a través de Bizum ou tarxeta de crédito (non se domicilia o pago). Poderedes acceder ao Recibo, nese mesmo apartado (a finais de mes).

IMPORTANTE: Informámosvos que este curso a biblioteca do centro continúa pechada polas tardes, polo que o alumnado que acuda a comedor pero non a extraescolares, deberá ser recollido ás 16:00h. O alumnado que remata as actividades extraescolares deberá ser recollido ás 17:30h

Fai click na imaxe para ver a oferta de actividades

 

Fai click na imaxe para ver a Guía para a aplicación Tokapp

Distribuir contenido


by Dr. Radut