Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Novas e avisos

PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2021-22


Abrése o prazo de solicitude de Admisión de alumnado para o vindeiro curso  do 1  ó  22 de marzo

 

Fai clic na seguinte imaxe para acceder á

información do proceso de admisión

 

IMPRESO DE SOLICITUDE ANEXO II. ADMISIÓN


 

Solicitude de máscaras

Estimadas familias,


Está aberto o prazo para a solicitude de máscaras dende o 16 ata o 27 de novembro. As familias beneficiarias da axuda para adquirir material escolar non precisan presentar solicitude (xa as teñen concedidas).

Poden solicitalo aquelas outras familias que cumpran os seguintes requisitos:
- Renta per cápita igual ou inferior a 6.000 euros
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

A presentación da solicitude será no Centro, de xeito presencial, en horario de secretaria (12:30 - 13:30).

Para poder acceder aó Anexo da solicitude, pincha no seguinte enlace:
Anexo Solicitude de máscaras

Recollida de Fondo Libros

 

Mañá día 9 de setembro en horario de 12:00 a 14:00 entregaremos os lotes de libros de 3º e 4º de Primaria ao alumnado que teña concedido o Fondo Libros

 

 


AVISO REUNIÓN FAMILIAS

Estimadas familias,

Informámosvos de que as datas definitivas das quendas para a reunión da vindeira semana serían o luns 7 pola mañá e pola tarde (de 10 a 12h, de 18 a 20h) e o martes 8 pola tarde (de 18 a 20h).

Cada familia será avisada por Abalar ou telefónicamente (dados os erros que está a xerar a aplicación móbil de Abalar) coa data e hora concreta que lle corresponde de quenda. Prégase confirmen asistencia.

Recordamos que SÓ pode acudir un membro adulto da familia, con mascarilla. A reunión será na pista cuberta, polo que pregamos senten nas gradas mantendo as distancias de seguridade.

Graciñas de antemán!

Vales de material escolar e libros de texto

 

Estimadas familias,

A recollida de vales de material escolar e libros de texto levarase a cabo o xoves 3 e venres 4 de setembro, de 12:00h a 14:00h.

Dadas as condicións excepcionais, e, para garantir as medidas de seguridade só poderán estar dúas persoas simultáneamente dentro do recibidor. O resto de persoas agardarán no exterior mantendo a distancia social.

Para asegurarvos de se tedes ou non concedidos os vales, podedes chamar ao centro en horario de 9:30h a 14:00h.

Nos vindeiros días concretaremos as datas para a recollida dos lotes de Fondo libros.


INICIO DO NOVO CURSO ESCOLAR

 

Estimadas familias,

Levamos semanas preparando o inicio do novo curso escolar. Para poder informarvos das novidades e o propio Plan de adaptación á situación Covid-19 do noso centro, propoñémosvos tres datas para realizar unha reunión na pista cuberta do colexio, os días 7, 8 ou 9 de setembro.

Acompañarannos Carlos Spuch (neurocientífico) e Edith Uhía (bióloga) para darnos unha visión máis científica da situación e aclarar dúbidas en relación á pandemia.

Para poder controlar o aforo, pregamos nos respondades ó correo do centro (cep.neira.vilas@edu.xunta.gal) indicando os 4 datos seguintes:

  • nome do/a alumno/a
  • a persoa que asistirá á reunión (SÓ UN MEMBRO POR FAMILIA, só persoas adultas)
  • o día (7, 8 ou 9) e
  • se preferides pola mañá (de 10 a 12h) ou pola tarde (de 18 a 20h).

O prazo para respondernos e poder organizar os grupos será ata o vindeiro venres 28 de agosto.

O horario definitivo das reunións será dependendo da dispoñibilidade da maioría e seredes informadas a través de Abalar e da páxina web do centro.


 

Listaxe definitiva de admitidos en Fondolibros

Fai clic no enlace

 

Listaxe definitiva de admitidos/as en Fondolibros

 

 Nota Aclaratoria

O número máximo de libros para o alumnado de Valores son 5 e para os de Relixión son 6


 

RECOLLIDA VALES AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Os vales de axuda de material escolar e libros recolleranse a principios de setembro

Informaremos na páxina web das datas nas que faremos a entrega


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut