Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Novas e avisos

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR

 

Informámosvos que o prazo de inscripción no Servizo de comedor escolar para o vindeiro curso 2020/2021 será do 15 de xullo ao 15 de agosto, no Concello de Gondomar.

 

 


 

Recollida e entrega de material escolar

 

Estimadas familias,

Informámosvos de que a recollida e entrega do material escolar queda distribuída da seguinte maneira:

Luns 22 de xuño 3º EP

Xoves 25 de xuño 4º EP

Venres 26 de xuño 1º, 2º, 5º e 6º EP

O horario será de 10h a 13h para todos os grupos. Farase a xestión nos porches da entrada do centro.

O alumnado de 3º e 4ºEP entregará os libros de préstamo de Fondolibros do centro, quitándolles previamente o forro e nunha bolsa de plástico.

O alumnado de 5ºEP poderá quedar cos ordenadores no verán (ou deixalos no centro). Non así o alumnado de 6ºEP que terá que entregalos o venres 26. O material completo é ordenador, maletín, correa e cargador.

Todo o alumnado debe comprobar se ten algún libro de préstamo da biblioteca, ou calquera outro material do centro, que deberá entregar o día correspondente co resto de material.

Para garantir as medidas de seguridade, acudirá ó centro un único membro da familia (agás excepcións que chamarán ó centro para confirmar). Será obrigatorio o uso de mascarilla.

 

Un saúdo,

Equipo directivo


 

ADMISIÓN ALUMNADO



No día de hoxe publicouse a listaxe provisional de admitidos para o vindeiro curso 20-21 no noso Centro.
Todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso están admitidos.


Pódese formular reclamacións contra estas listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles a partir de hoxe 1 de xuño de 2020.


 

INSTRUCIÓNS PRAZOS ADMINISTRATIVOS

 

Estimadas familias,

A Consellería publicou hoxe as seguintes instrucións en canto a prazos administrativos:

● Prazo de presentación de solicitudes de admisión: iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. No noso caso o 18 de maio é día non lectivo, polo que o prazo de admisión rematará o 19 de maio.


● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.


● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.


● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.


● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.


● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020

As familias que xa están matriculadas no centro non teñen que facer ningún trámite, é un proceso automático. Para actualizar ou modificar algún dato, podedes descargar este arquivo "Actualización de datos", que estará dispoñible tamén no apartado web de Secretaría, en Informes.

Ficha de permanencia "Actualización de datos"


Para as novas familias, deben facer o proceso de admisión soamente aquelas que non o fixeron antes do 16 de marzo. Tedes os Anexos tamén no apartado de Secretaría, Impresos "Anexo II. Admisión matrícula". Ademais, recordade incluír unha fotocopia do DNI do/a alumno/a ou libro de familia, un certificado de matrícula do colexio anterior, e fotocopia da Resolución xudicial ou convenio, se fose o caso. Podedes presentar esta documentación no centro a partir do luns 11 de maio ata o 18 de maio, en horario de mañá.

"Anexo II. Admisión matrícula"


Aquelas novas familias que xa fixeran o proceso de admisión soamente lles quedaría formalizar a matrícula en xullo.

Para poder acceder ó documento completo: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf


 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO E VACANTES CURSO 2020-2021

 

 LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Fai clic na imaxe para visualizar

 VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO

 

 PROCESO DE ADMISIÓN

Fai clic neste enlace para acceder

ACCESO Á INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA

Aberto o prazo para o Proceso de Admisión de alumnado para o curso 2020-21,

do 1 ao 20 de marzo

 

  • Proceso de admisión (Fai clic na imaxe para visualizar)

 

  • ANEXO II (Solicitude de admisión)

(Fai clic na imaxe para cumprimentar e descargar)

 

 


 

BOLETÍN INFORMATIVO

Fai clic na imaxe para acceder ao díptico


 

Fondo Solidario libros texto

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
 
DE TEXTO CURSO 2019-2020
 
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS
PARA 3º E 4º DE PRIMARIA
 
Fai clic na imaxe para acceder ao listado


 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019-2020

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

MATRÍCULA    Do 20 ao 30 de xuño

Fai clic nos seguintes enlaces para acceder ao impreso

IMPRESO DE MATRÍCULA

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A FORMULACIÓN DE  MATRÍCULA

 

 Outros impresos de centro

Servizo Madrugadores

Autorización recollida na parada do autobús

 
 
 
 

 

 

Máis información na Secretaría do Colexio

de luns a venres de 12,30 a 13,30

 

Teléfono Secretaría 886 110220

Esta información está dispoñible tamén na sección Secretaría-impresos


Distribuir contenido


by Dr. Radut