Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Comedor Escolar

Estimadas familias,

Desde os Servicios sociais do Concello de Gondomar, confírmannos "los/as alumnos/as que habían quedado en lista de espera ahora ya tienen plaza, con lo que a día de hoy todos los/as solicitantes están de alta, se tiene en cuenta la valoración de cambios de día efectuados por algunos/nas  padres/madres".

Para calquera dúbida, poñédevos en contacto no correo ssocial@concellodegondomar.com

Extraescolares: PISCINA

Estimadas familias,
Aquelas que esteades interesadas nesta actividade deberedes enviar, antes de mañá ás 15:00h, un correo á anpapeitieiros@gmail.com indicando o nome completo do alumno/a, curso e qué opción de horario elexides: ás 16:00h quedan 10 prazas, ás 16:45h quedan 9, ás 17:30h quedan 8, ás 18:15h quedan 9 prazas. De haber máis solicitudes que prazas faríase un sorteo. O prezo son 62€ anuais que deberedes abonar ao inicio do curso, xunto coa inscrición.

Saúdos.

Aviso Comedor Servicios Sociais

Estimadas familias,

Envíannos esta información desde Servicios Sociais do Concello:

Autorizacións familias

Estimadas familias,


Repartimos hoxe entre todo o alumnado as copias das Autorizacións precisas para este curso escolar: Saídas con adultos autorizados, Imaxe, Declaración responsable (Covid), Saídas pola contorna, Transporte/comedor, Saídas do centro só/a (5º e 6º), Saída con irmáns de 5º ou 6º, Protección de datos (proxenitores separados). Se precisades algunha outra copia, por favor, poñédevos en contacto co centro. É necesario que as devolvades cubertas na máxima brevidade posible.

Aquelas familias que teñan algún cambio na súa situación familiar pregamos nolo comuniquen e o xustifiquen coa documentación necesaria (sentencia separación, cambios de domicilio, teléfonos, etc).

Saúdos,

Equipo directivo

Formación familias

Gracias á colaboración de COCEMFE, as familias poderedes asistir a unha charla formativa presencial na que se traballará sobre o uso de dispositivos móbiles e as ferramentas para descargar, adxuntar, enviar ou modificar, entre outras, diferentes documentos dixitais a través de Gmail, ademais do uso da Aula Virtual do centro.

A charla correrá a cargo de Elena Borrego e nela desenvolveranse actividades en relación ao emprego destas ferramentas. Terá lugar os vindeiros martes 28 de setembro de 16:00 a 18:00h, e martes 5 de outubro, de 16:00 a 18:30h, na aula de informática do centro e deberán acudir cos seus dispositivos (ordenadores, tablets, móbiles) de uso persoal.

Todas as persoas (1 membro por familia) que desexen asistir deberán anotarse enviando un mail (cep.neira.vilas@edu.xunta.gal) ou chamando por teléfono (886110220) antes do venres 24 de setembro para controlar o aforo máximo de 15 persoas.

Agardamos que sexa do voso interese.

Saúdos, Equipo directivo

 

Aula Matinal

Estimadas familias, desde a ANPA nos informan que o servizo de Aula matinal comezará o luns 13 de setembro. O horario é de luns a venres, de 8:00h a 9:20h. O prezo é de 30€/mes. No caso de ser días soltos, 4€. Por favor, as familias que queiran ser usuarias do servizo deben entregar a folla de inscrición directamente á coidadora o luns ao chegar. Darémoslle unha copia ao alumnado mañá e estará colgada na páxina web. Saúdos.

 

Impreso Aula Matinal

REUNIÓN FAMILIAS NOVAS

Estimadas familias,

O xoves día 9 comezamos o novo curso escolar. Como vos comentamos na anterior publicación, as familias de 1ºEP, xunto coas novas familias doutros cursos, convocámosvos a unha reunión ás 9:45h na pista cuberta do centro (só 1 membro por familia). 

Cando todos os cursos suban ás aulas correspondentes, o equipo directivo comentaremos con vós os puntos máis salientables da organización de centro. Ademais, anotaremos o alumnado que vai facer uso do transporte, de comedor ou ó que veñen recoller, e qué días. Por favor, é moi importante que nos concretedes estes datos xa este xoves , para poder organizar ao alumnado nas filas que correspondan, segundo sexan "bus/comedor/casa"

Saúdos,

Equipo directivo

INICIO CURSO

Estimadas familias,

Informámosvos que, segundo as instrucións recibidas pola Consellería de Educación, o xoves día 9 de setembro comezará o curso escolar para todos os niveis de 1º a 6º EP.

 Recordamos que para estes dous primeiros días de clase, todos os cursos entrarán ás 9:30h agás os grupos de 1ºEP que o farán ás 9:45h. Excepcionalmente estes dous días, está permitida a entrada ó recinto escolar dun membro da familia para acompañar ao alumnado de 1º ata o espazo asignado de ringleiras. Agradecemos que estas familias permanezan na pista cuberta, unha vez suba o alumnado ás aulas, para organizar diferentes aspectos coa dirección do centro.

 A partir do luns 13, todos os grupos terán o mesmo horario, de 9:30 a 14:30h.

 O alumnado  usuario de transporte escolar accederá ao centro pola porta principal a partir das 9:20h. O resto do alumnado accederá camiñando pola porta lateral (adro). Non está permitida a entrada de vehículos nesta zona.

 A recollida do alumnado será ás 14:30h e o alumnado sairá pola porta correspondente, segundo sexan de transporte (porta principal) ou recollidos/as polas familias (adro).

Para que o alumnado poda acceder ao centro unha vez pechadas as portas, chamará ao timbre da porta principal.

En relación ao transporte escolar, mantéñense as mesmas liñas de autobús, que pasarán polas paradas habituais ás horas de sempre.

 

Graciñas pola vosa colaboración!

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut