Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

CONCELLARÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE GONDOMAR

X CAMPUS SOLIDARIO SEMANA SANTA

Gondomar abriu onte o prazo para inscribirse na X Edición do Campus Semana Santa Solidario. Regresa un ano máis a Gondomar o Campus Multideporte Solidario de semana Santa, Organizado pola Concellaría de Deportes e dirixido aos pequenos da casa, con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, estas desenvolveranse en instalacións deportivas do Concello, os dias 11, 12 e 13 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas. O prazo de inscrición abriu o xoves 24 de marzo, e prolongarase ata o 7 de abril, no pavillón municipal Bernabé Costas De Miranda, en horario de 17:00 a 19:00 horas. As veciñanzas interesadas en anotarse, deberán achegar como mínimo dous quilos de alimentos non perecedoiros, para o Banco de alimentos Municipal.

Diversión, hábitos saudables e solidariedade, nunha actividade que tamén busca atender a demanda das familias para conciliar.

Aquí tedes ó enlace.


 

 

Prazo para a solicitude de admisión para alumnado de nova incorporación no curso 2022-2023

Ábrese o prazo de solicitude de Admisión de alumnado para o vindeiro curso do 1 ao 21 de marzo.

O impreso de solicitude de admisión pode presentarse no centro en horario de Secretaría (12:30 a 13:30) ou ben a través da sede electrónica coa Chave365.

Consulta a información do proceso e o impreso de solicitude nos seguintes enlaces.

INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN

IMPRESO DE SOLICITUDE ANEXO II. ADMISIÓN

 


 

OFERTA EDUCATIVA CURSO 2022-23

Dado que este curso tampouco podemos organizar xornadas de "Portas Abertas" de xeito presencial, convidámoste a realizar unha visita virtual polo noso centro escolar. Se queres coñecer as instalacións e a oferta educativa, podes facelo a través deste cartel ou dirixirte ao menú da dereita

 O NOSO COLE

Se tedes algunha dúbida, podedes poñervos en contacto por correo electrónico ou por teléfono

FAI CLIC PARA ACCEDER AO CARTEL

TAMÉN PODES VISUALIZAR O VÍDEO E IR A GOOGLE MAPS PARA COÑECER O NOSO EMPRAZAMENTO, FACENDO Ctrl+ INTRO ENRIBA DESTES APARTADOS


 

Proceso de admisión

Estimadas familias,

Informámosvos de que todo o alumnado procedente do CRA Antía Cal, que fixo reserva para 1ºEP, foi admitido.

Equipo directivo


 

 

Recreos Residuos CERO

Queridas familias: 

 

En resposta á actual emerxencia climática, queremos actuar  tomando medidas reais no noso día a día e mellorando os nosos hábitos. 

 

Por iso, como centro educativo, sumámonos ao reto ​RECREOS RESIDUO CERO​, proxecto ​posto en marcha polo colectivo ambiental "Profes polo futuro" e apoiado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Trátase de que toda a comunidade educativa camiñe na mesma dirección para reducir, na medida do posible, os residuos plásticos que xeramos na vida en xeral e nos recreos escolares en particular. 

 

Para iso, alumnado, familias, profesorado e demais membros da comunidade educativa debemos facer un esforzo por cambiar e mellorar a nosa forma de consumo, envasado e transporte de produtos. Cada persoa individualmente ten un enorme poder na redución de residuos plásticos. Usemos ese poder e melloremos a situación. Seguro que, aínda que ao principio nos resultará difícil cambiar os hábitos e inercias, atopamos maneiras sinxelas e creativas de non xerar residuos plásticos. 

 

Convidámosvos a participar no programa «RECREOS RESIDUOS CERO«. que consiste en motivar ao alumnado para que nos seus xantares ou merendas non haxa residuo, ou polo menos, o mínimo posible. Para iso deberán usar envases retornables como fiambreras para sólidos e cantimploras para a auga a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos, envoltorios de plástico, papel de aluminio, etc.

 

 

 

 

 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración e participación.

Actualización información Protocolo COVID

Estimadas familias,

O Ministerio de Sanidade vén de publicar os novos protocolos de xestión epidemiolóxica en centros educativos. Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

• As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.

• Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso. Se o resultado dun auto test diagnóstico é positivo, teredes que notificar o positivo ó Sergas a través do teléfono 881540045, ou entrando na páxina do Sergas www.coronavirus.sergas.gal , onde atoparedes un formulario de Declaración responsable de AutoTest positivo. Ademais, tamén teredes que informar ó centro a través do 886110220 ou do correo electrónico cep.neira.vilas@edu.xunta.gal

• A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).

• O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento, non terán que facer corentena.

• No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.

• Ante agrupacións de casos (3 ou máis casos, 20% da aula, confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

Saúdos,

Equipo directivo

Días non lectivos

Estimadas familias,

Desde Xefatura Territorial autorizan a proposta do Centro de días non lectivos: o 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022, de acordo co calendario laboral (Orde do 19 de maio de 2021, DOG número 104 do venres 4 de xuño de 2021). Polo que eses días non teremos clase.

Saúdos, Equipo directivo

Proxecto CoidamosTEA

Deixamos unha información de interese da Federación Autismo Galicia, que a través do Proxecto CoidamosTEA está a desenvolver unha serie de recursos para achegar información e orientación ás familias.

Podedes consultar a guía do proxecto e unha serie de vídeos creados premendo nos seguintes enlaces.

Guía CoidamosTEA

Habilidades académicas

Habilidades sociais

Apoio condutual positivo

Autonomía persoal

Detección do abuso/acoso escolar

Alimentación

Sono e hixiene do descanso

Desenvolvemento afectivo sexual na adolescencia

Distribuir contenido


by Dr. Radut