Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

CALENDARIO ESCOLAR 2021-22

Co fin de que poidades organizar o vindeiro curso académico, deixámosvos o seguinte enlace no que podedes consultar o calendariio escolar da Consellería.

Fai clic neste enlace

Calendario Escolar

 


 

INFORMACIÓN COMEDORES ESCOLARES CURSO 2021-2022

A instancias da Concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro, axuntamos información para a inscrición dos comedores escolares para o curso 2021-2022.

CONSELLERÍA DE SANIDADE: INFORMACIÓN

 A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.

“Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía.
Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.
 
Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos
Para máis información:


Saúdos,
Equipo Directivo


Guía A familia, núcleo das primeiras aprendizaxes

Estimadas familias,

A Deputación de Pontevedra e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) acaban de facer pública a guía A familia, núcleo das primeiras aprendizaxes, unha publicación en galego que pretende axudar a nais e pais na educación das e dos fillos en temas como a motivación, a disciplina, a lectura, as emocións e a xestión de conflitos, e a educación afectivo-sexual.

Trátase dun traballo que inicialmente ía consistir en obradoiros de traballo presencial coas familias, impartidos nos concellos de Bueu, Cambados e Vigo, mais a pandemia obrigou a que se reformulase. Así, finalmente concibiuse como unha serie de artigos realizados por persoas ensinantes, orientadoras e bibliotecarias, agrupados nunha guía impresa.
Deixámosvos o enlace que contén o documento de 25 páxs. por se pode ser do voso interese (clic na imaxe)

Solicitude de máscaras

Estimadas familias,


Está aberto o prazo para a solicitude de máscaras dende o 16 ata o 27 de novembro. As familias beneficiarias da axuda para adquirir material escolar non precisan presentar solicitude (xa as teñen concedidas).

Poden solicitalo aquelas outras familias que cumpran os seguintes requisitos:
- Renta per cápita igual ou inferior a 6.000 euros
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

A presentación da solicitude será no Centro, de xeito presencial, en horario de secretaria (12:30 - 13:30).

Para poder acceder aó Anexo da solicitude, pincha no seguinte enlace:
Anexo Solicitude de máscaras

Peche perimetral Gondomar

Estimadas familias,

Aquel alumnado que teña o seu domicilio fóra do Concello de Gondomar, e acuda ó centro en transporte privado, se o precisa, pode solicitar entre hoxe e mañá en secretaría, telefónicamente de 12:30h a 13:30h, un certificado conforme está matriculado no centro.

Un saúdo,

Equipo directivo

 


 

Formación familias Aula virtual

Dado o interese das familias que acudiron ás dúas sesións de formación da pasada semana, gracias á colaboración de COCEMFE, poderán asistir, de novo, a unha charla formativa presencial na que se  traballará sobre o uso da Aula virtual do centro.

A charla correrá a cargo de Elena Borrego. Terá lugar o vindeiro martes 13 de outubro de 16:00 a 18:00h na aula de informática do centro e deberán acudir cos seus dispositivos (ordenadores, tablets, móbiles) de uso persoal.

Todas as persoas (1 membro por familia) que desexen asistir deberán anotarse enviando un mail (cep.neira.vilas@edu.xunta.gal) ou chamando por teléfono (886110220) antes do venres 9 de outubro para controlar o aforo máximo de 15 persoas.

Agardamos que sexa do voso interese.
Saúdos,
Equipo directivo

Reto HEPA conseguido!

Estimadas familias,


Informámosvos de que hoxe colocamos os depuradores HEPA en todas as nosas aulas. Gustaríanos agradecervos o GRAN esforzo económico de todas as persoas que participastes nas donacións para que isto fose posible.

 

Agradecementos especiais:

Edith Uhía e Carlos Spuch, pola súa colaboración e axuda incondicional na elaboración do noso protocolo de centro.

ANPA Peitieiros, polo seu apoio ó equipo directivo en todo momento.

Familias, profesorado do centro e Comunidade de montes de Chaín e de Couso polas súas aportacións económicas.

Expert Gondomar, por todas as facilidades que nos ofreceron para conseguilos.

Pablo Fuente e José Luis Jiménez, polo seu traballo de investigación e divulgación no que baseamos as nosas decisións plasmadas no noso protocolo.

Deixámosvos un escrito de Carlos Spuch e unhas recomendacións do Ministerio de Sanidade xustificando o emprego dos purificadores. 

 

Fai clic na seguinte imaxe para acceder á Guía

 

 

CONSEGUÍMOLO!! MOITÍSIMAS GRACIAS!!! Sorriso


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut