Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

Ai, maio, maiolo, canto proxecto para este mes novo!

Pois si, ben certo é , que para este mes temos moitas ilusións con novos proxectos que esperemos que pouco a pouco se vaian levando a cabo. Irémosvos contando a medida que se vaían desenvolvendo.

Para empezar despois levar a cabo o programa da froita e do leite e que deu tan bo resultado, agora propuxémos para este terceiro trimestre comezar coas merendas saudables, nas que recomendamos diferentes opcións de merendas que están exentas de procesados, azúcres…e sobre todo propostas que favorecen o coidado do noso planeta, ademáis de estar relacionadas co proxecto do cine, xa que haberá unha merenda que será a estrela gañadora do día.

PULSA NA FOTO

Tamén queremos agradecer a Revitaliza Pontevedra, que tivese en conta ao noso cole para formar parte dun proxecto innovador, no que compartiremos as nosas experiencias sobre compostaxe con outros centros de Pontevedra e tamén con centros de Mongolia.

Teremos o primeiro contacto virtual o día 7 de xuño. Grazas por esta oportunidade!

E por aí anda tamén a formación que está recibindo o profesorado do Neira Vilas sobre patios inclusivos, que en breves seguro dará os seus froitos…esperamos as súas novas…

Premios Enreguéifate 2023

A Neira Horta do noso colexio está de celebración xa que unha das nosas clases foi a gañadora no apartado REGUEIFA MÁIS AGUDA da categoría escolar. Os e as gañadoras asistiron ao acto da entrega de premios celebrado, no auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Convertíndose en toda unha experencia para o alumnado e mestres do noso colexio.


Aí vai a regueifa gañadora para que a disfrutedes, e unha mención ao noso premio nas redes sociais do Enreguéifate.

 

PULSA NA FOTO

 

 

 

SEMANA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro (domingo 23),  organizamos cinco obradoiros durante toda a semana na sesión de Hora de Ler :

 Un Bookflix  por aula para colocar no novo recuncho de Peiti, na planta baixa, que se fará ao longo da semana do 17 ao 21 e colgarase o día 24.

 Estacións:

1ª Conto tolo: En roda cada alumno escolle nun par de minutos un parágrafo do libro que lle tocou na man e despois lemos todos seguidos para crear un conto tolo.

2ª Torre de libros: Preparamos unha torre de libros de xeito que lendo os títulos das portadas, permitindo engadir algunha palabra conector, creamos un conto.

3ª Abano esconde conto: A partir dun comezo de conto que lles damos, a primeira parella/trío de nenos/-as escribe unha frase e dobra a anterior para esconder, así sucesivamente cada grupiño engade unhas frases ao conto e dobran. Ao rematar abrimos todo o abano para ler a historia.

4ª Rosco literario: preguntas estilo “Pasapalabra”

5ª Bookface: A arte de encaixarse nunha portada de libro. Terán materiais, disfraces, teas e accesorios para preparar a foto.

 “Lecturas compartidas  o luns 24 faremos parellas ou tríos para ler todas/os xuntos no patio.

1ª Xornada de Loita celebrada en Goián

O xoves, 30 de marzo, o alumnado de 4º participou na 1ª Xornada de Loita, que se celebrou no pavillón de Goián. Participaron os centros de CEP Xosé Neira Vilas, os 5 centros de Tomiño e o CEP Altamira de Salceda.

Parabéns aos participantes!

Deixamos a nota publicada na páxina web de AGRUDEBAM https://www.agrudebam.es/

13 a 17 de marzo Semana da Educación Vial

 

 

 

 PULSA NA FOTO PARA VER O VÍDEO

   

 

Esta semana, dende o 13 ao 17 de mazo, as bicicletas, patinetes e karts serán as protagonistas no circuito creado pola Dirección Xeral de Tráfico para que o alumnado se achegue a Educación Vial dun xeito lúdico, informativo a través das charlas que previamente se lles ofrecen e coa vivencia das sinais,velocidade, as normas do bo uso de bicis e patinetes e usuarios de transporte e como peóns.

Ademais da información sobre os sinais e o comportamento, a educación viaria para o alumnado inclúe educación en valores como o respecto, a responsabilidade, o compartir o espazo, etc. Trátase de ensinar aos pequenos as prácticas e hábitos relacionados co coidado e a protección das persoas que utilizan a vía pública. Cando estes hábitos apréndense a unha idade moi temperá, contribúese a evitar accidentes.

 

Recadación Save the Children

  Dende Save the Children fannos chegar o seguinte que se reproduce literalmente:

 

Prezados amigos e amigas:

O 21/03/2023 recibimos un ingreso pola cantidade de 1281€ do voso centro.

En nome dos nenos e nenas do noso programa queremos darvos as grazas polo voso esforzo e implicación.

Facede extensible este agradecemento aos vosos compañeiros e compañeiras, que trasladaron toda a ilusión polo proxecto ao seu alumnado, quen se mobilizou e se puxo en marcha tódolos recursos ao seu alcance: o seu propio esforzo e foron o altofalante para que a súa contorna coñecera a complexa situación que atravesan milleiros de nenos e nenas.

E, por suposto, grazas ás familias do voso centro, que aportaron o seu gran de area en forma de doazón económica. A vosa axuda permítenos seguir traballando polos dereitos da infancia e lograr que nenos e nenas sobrevivan, teñan acceso a unha educación de calidade e estean protexidos.

Grazas por darlles a oportunidade de seguir soñando:

https://www.youtube.com/watch?v=4dqWFipWDfI

Axuntamos un diploma para o centro e un recibín para compartir partillar con toda a comunidade educativa. Ao final do curso recibirédelo en papel na lingua que solicitastes o material, xunto a memoria da actividade.

Grazas dende o Equipo de Programas en Centros Escolares.

 

Poesía con Anxo Iglesias

O escritor galego Anxo Iglesias presentou ao alumnado de 5º curso o seu libro «Unha nova dimensión», Premio Merlín de Literatura Infantil 2022.


A través de xogos e de forma lúdica, deu a coñecer o seu libro e fixo partícipe ao alumnado dun compendio de poemas desde unha perspectiva creativa, facendo que os que alí estabamos, entendésemos que é un xénero literario divertido, e que todos e todas podemos facer poesía, tan só hai que botarlle un pouco de imaxinación.


Grazas Anxo Iglesias por compartir con nós a poesía desde unha nova dimensión.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Día Internacional da Muller

Dentro das actividades programadas para conmemorar o Día Internacional da Muller, hoxe contamos coa presenza do espectáculo “Circo na casa”, unha actuación promocionada polo concello de Gondomar. Trátase dun número de circo en prol da igualdade de xénero, que ten como protagonista un pallaso, interpretado por David Merelas.

 

 

A través da súa interprestación, e mesturando divertidas situacións e xogos malabares, tratará de concienciar sobre a importancia dos roles dos homes e mulleres respecto das tarefas domésticas.


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut