Recadación Save the Children

  Dende Save the Children fannos chegar o seguinte que se reproduce literalmente:

 

Prezados amigos e amigas:

O 21/03/2023 recibimos un ingreso pola cantidade de 1281€ do voso centro.

En nome dos nenos e nenas do noso programa queremos darvos as grazas polo voso esforzo e implicación.

Facede extensible este agradecemento aos vosos compañeiros e compañeiras, que trasladaron toda a ilusión polo proxecto ao seu alumnado, quen se mobilizou e se puxo en marcha tódolos recursos ao seu alcance: o seu propio esforzo e foron o altofalante para que a súa contorna coñecera a complexa situación que atravesan milleiros de nenos e nenas.

E, por suposto, grazas ás familias do voso centro, que aportaron o seu gran de area en forma de doazón económica. A vosa axuda permítenos seguir traballando polos dereitos da infancia e lograr que nenos e nenas sobrevivan, teñan acceso a unha educación de calidade e estean protexidos.

Grazas por darlles a oportunidade de seguir soñando:

https://www.youtube.com/watch?v=4dqWFipWDfI

Axuntamos un diploma para o centro e un recibín para compartir partillar con toda a comunidade educativa. Ao final do curso recibirédelo en papel na lingua que solicitastes o material, xunto a memoria da actividade.

Grazas dende o Equipo de Programas en Centros Escolares.

 

Inicio de sesión