Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

FESTA FIN DE CURSO 21.6.23

O mércores, día 21 de xuño, celebraremos a festa de fin de curso e nela participaremos o alumnado, profesorado e familias. Despois dun ano de cine habilitaremos 6 salas de proxección para as producións realizadas cos nenos/as para visualizalas de 9:45h a 11:50h. Despois faremos un descansiño para o recreo e voltamos ás 12:30 onde retomaremos coas actuacións de fin de curso ata ás 13:50h.

 

Pola tarde será a festa da ANPA e cerimonia de gradación do alumnado de 6º.

O sorteo dunha televisión agasallada por EXPERT Gondomar realizarase ao final das actuacións.

 

Este é o programa da ANPA:

PARABÉNS E GRAZAS Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO XNV.

PARABÉNS E GRAZAS Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO XNV.

O equipo ambiental non queremos marchar de vacacións, sen antes felicitar e agradecer a toda a comunidade educativa, porque non nos queremos esquecer de ninguén, polo seu benfacer de cara o noso cole, e pola participación masiva no proxecto dos Patios Inclusivos. Ben sabemos que ás veces non é fácil conciliar, por iso sabemos que isto é dobre esforzo para todos/as vós, pero tamén sabemos que o facedes de bo agrado e para nós é moi importante saber que estades aí.

E agora para que vaiades vendo….

E isto é só o principio de todo o que está por vir …

 

 



GRAZAS !!!

Axuda Fondo libros e Material

AXUDAS FONDO LIBROS E

MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

 

Para solicitar as axudas correspondentes deben cumplimentarse os anexos I e II e presentalos, tendo de prazo ata o 21 de xuño.

Poderán presentarse na secretaría do centro (en horario de 12:30 a 13:30 horas) ou por sede electrónica (Chave365 ou certificado dixital)

 

Orde publicada no DOG

Anexos I e II

Información e documentación a presentar

DA TÚA MAN

 


 

SEMANA MEDIOAMBIENTAL

Día do medio ambiente e Día Mundial dos Océanos

O 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente e o 8 de xuño o Día Mundial dos Océanos. Dende o centro unificamos estas dúas datas para celebrar unha semana ambiental na que participamos con varias actividades que a continuación amosamos.

Tomar conciencia de que o océano comobre máis do 70% do planeta e que é a nosa fonte de vida e sustento, albergando a maior parte da biodiversidade da Terra.

 

 

 

Con todo, a pesar de todos os seus beneficios, necesita máis apoio que nunca.

Para amosar e facer visible que o mar recolle tamén parte do lixo que producimos solicitamos ao  alumnado e as familias nos paseos pola praia, trouxesen unha mostra do lixo atopado para logo mostralo nunha exposición, e non vos podedes imaxinar todo o que se recolleu: redes, zapatos, nasas, latas, bricks….


E como anécdota unha botelliña que apareceu cunha mensaxe escrita en francés, e que está sendo investigada polos cativos e cativas de 2º para ver atopan máis información sobre ela.

Aproveitamos a ocasión para mostrarlle a todo o centro os traballos realizados polo alumnado de 5º de primaria sobre “O Cole Viaxa polo Océano con Natura e Mariña”, da Rede Natura Mariña 2000, proxecto no que participamos dende o 2º trimestre.

Tamén participamos no reto de Teachers For Future de "Mans polo océano".

E tamén tivemos a sorte do poder contar con Alfredo López,  veciño de Peitieiros,  presidente da CEMMA e ilustrador,  que veu dar unha charla - conferencia sobre os mamíferos mariños e os océanos.

A través do conto dos Bolechas fomos adentrándonos na problemática ambiental dos océanos facendo que o alumnado participase cantando a canción de Sopla Vento do Norte-Himno da Toniña, aproveitando para enviarlle unha mensaxe de agradecemento a Pepe Carreiro .



Primeiro Encontro Virtual Colexios de Pontevedra e de Mongolia

A día de hoxe tamén  podemos contarvos que xa tivemos o Primeiro Encontro Virtual cos colexios de Mongolia. Toda unha experiencia innovadora, da que aprendemos un montón e coa que queremos seguir medrando a través dun blogue que crearemos conxuntamente e no que compartiremos as experiencias dos distintos centros e coa creación de un grupo onde resolveremos as cuestións que se plantexen dende os coles participantes.

Dende o noso cole enviámoslle previamente un vídeo onde o noso alumnado lle explicaba todo o proceso da compostaxe, a medición dos distintos parámetros e para que empregamos o compos.

Comentaron que lles parecía un proxecto moi interesante e que era unha sorte saber que toda a nosa comunidade educativa era partícipe deste proxecto.

Compartimos unhas imaxes do proxecto de Mongolia para que vos fagades unha idea de como traballan eles nas súas garderías e escolas.


 


Ecoauditoría

E xa por último,  o Equipo Medio ambiental xunto co alumnado de 5º e 6º estamos a elaborar as ecoauditorías de sostibilidade do centro, analizando os gastos enerxéticos, de papel , de auga… e tamén analizando os rexistros das pandas bolboreta.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut