SEMANA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro (domingo 23),  organizamos cinco obradoiros durante toda a semana na sesión de Hora de Ler :

 Un Bookflix  por aula para colocar no novo recuncho de Peiti, na planta baixa, que se fará ao longo da semana do 17 ao 21 e colgarase o día 24.

 Estacións:

1ª Conto tolo: En roda cada alumno escolle nun par de minutos un parágrafo do libro que lle tocou na man e despois lemos todos seguidos para crear un conto tolo.

2ª Torre de libros: Preparamos unha torre de libros de xeito que lendo os títulos das portadas, permitindo engadir algunha palabra conector, creamos un conto.

3ª Abano esconde conto: A partir dun comezo de conto que lles damos, a primeira parella/trío de nenos/-as escribe unha frase e dobra a anterior para esconder, así sucesivamente cada grupiño engade unhas frases ao conto e dobran. Ao rematar abrimos todo o abano para ler a historia.

4ª Rosco literario: preguntas estilo “Pasapalabra”

5ª Bookface: A arte de encaixarse nunha portada de libro. Terán materiais, disfraces, teas e accesorios para preparar a foto.

 “Lecturas compartidas  o luns 24 faremos parellas ou tríos para ler todas/os xuntos no patio.