Día dos Dereitos da Infancia

O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. O obxectivo desta data é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, entre outros, independentemente do lugar do mundo no que nacesen e así traballámolo dende a escola.

Gozamos dun tempo de recreo diferente onde puidemos compartir e xogar con numerosos xogos tradicionais. O alumnado de 6º, coa axuda dalgúns compis de 5º, titorizou ao resto do cole nun tempo onde alumnado e profesorado tentaron lograr cumprir todos os retos entre sorrisos e unha convivencia en harmonía total.

 

 

 

Inicio de sesión