blog BiblioAnisiaMiranda

SEMANA DA CULTURA E ANIMACIÓN Á LECTURA

Esta semana celebramos a semana da cultura, e para festexalo, todos os días imos ter algunha actividade relacionada co teatro, a lectura, a música, etc. Aquí tendes a programación das actividades: 

  • O luns 27 de novembro a gran actuación de Tarabelos co conto " O traxe novo do rei" 
  • O martes 28 temos a sorte de gozar da presencia de Julio Fernández Rodríguez, escritor do libro "Clara e o rapto do solpor" e tamén ex valedor do pobo.  O libro está na nosa biblioteca, e narra a aventura de Clara, unha nena cun don secreto que terá que intervir para tentar salvar á posta de sol da ameaza da malvada contaminación. É unha historia fascinante sobre a valentía, o poder da cooperación e a importancia de coidar o noso planeta.
  • O mércores, contamos cun dos ilustradores galegos máis destacados, que colaborou coa maioría das editoriais; o ilustrador Manuel Uhía. 
  • O xoves, os famosos intercontos entre os diferentes ciclos, teremos diversas actuacións, da man dos nosos artistas : teatro, contos, música, etc. 
  • E o venres, non podía faltar o día adicado ás familias, coa gran obra de teatro " Polos pelos", gracias ao grupo de teatro" A Moura" da C.C. A Mercedes de Chain.
 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017

 O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares, e por iso quixemos darlle o gran protagonismo a nosa Biblioteca Anisia, realizando nela e para ela as seguintes actividades entre todos e todas. 

      Este ano o lema escollido  é "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" . Co debuxo  que acompaña o lema fixemos unha pequena ilustración con fotos de todas as aulas, representando algunhas das actividades que se poden levar a cabo a través da biblioteca escolar.

Aquí aparece o alumnado aprendendo a pensar a través do xornal, dos contos,
dos xogos, das lecturas, das investigacións, da experimentación, da música, da curiosidades, da interpretación...porque a biblioteca é un lugar onde poden xurdir moita ideas e situacións de aprendizaxe. 

Os voluntarios da biblioteca de quinto e sexto explicáronlles ao alumnado de 1º e 2º o funcionamento da biblioteca e non podía faltar neste día a lectura dun libro.  
E por último as normas da biblioteca máis visibles, porque como din: "vale máis unha imaxe que mil palabras". 

O Samaín

CHEGOU O SAMAÍN A BIBLIO-PATIO

O Samaín xa chegou ao noso cole, no medio dos libros de BIBLIO-PATIO apareceron bruxas, arañas , cabazas...
Peiti anímanos a ler durante os recreos nestas datas libros terroríficos que dan moito medo...
SE DE MEDO NON QUERES MORRER , ESCOLLE BEN O QUE VAS LER!!!