Durante toda a semana tedes á vosa disposición libros de poesía en “O Recanto de Peiti”. Para lectura individual ou colectiva, para ler alí na alfombra, para levar ás aulas,…
Durante toda a semana tedes á vosa disposición libros de poesía en “O Recanto de Peiti”. Para lectura individual ou colectiva, para ler alí na alfombra, para levar ás aulas,…
Esta semana, durante os recreos, no “Recanto de Peiti” cos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º,
imos coñercer curiosidades sobre Rosalía de Castro
=>Facendo caligramas cos seus poemas sobre as súas imaxes.
=>Facendo puntos de lectura conmemorativos do seu aniversario.
“Lettering pola PAZ”!!!
Cada 30 de xaneiro celébrase o “Día da Ilustración” por ser o aniversario do nacemento de Castelao.
Tamén conmemoramos o DENIP (Día Escolar da Non-violencia e PAZ)
A nosa mascota, Peiti, quere unir as dúas actividades e animarvos deseñar un cartel con mensaxe de PAZ.
O mércores 25 de outubro, conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares. Compartimos a sesión de lectura no “Recanto de Peiti”, na entrada do cole.
Este curso “De Artes e Oficios” aproveitamos o cartel proposto por Bibliotecas Escolares para facer noso o seu lema: UNHA BIBLIOTECA EN VIÑETAS!!
Detrás de cada viñeta do cartel de BE apareceu unha foto dun recanto da nosa biblio. De modo que foi unha presentación que funcionou como formación de usuarios.
=>Agasallamos cun punto de lectura, a todo alumnado e profesorado, conmemorativo deste día,
=>Entregamos as "Mochilas Viaxeiras", e
=>Presentamos o I Concurso de Epitafios para o Samaín.
No colexio CEP Xosé Neira Vilas celebramos as Letras Galegas con moitas actividades para gozar e mimar á Nosa Lingua.
Saída pedagóxica ao bosque da Lingua e da Memoria, no que gozamos do contacontos de Ixeo, grazas á comunidade de Montes de Couso.
Plantamos camelias no recuncho adicado a Rosalía de Castro.
Traballos de investigación para coñecer a Francisco Fernández del Riego cun Tíralle da Lingua dedicado ao autor das Letras Galegas 2023.
Visita da Agrupación Sisto, formada por Manu alumno de 6º do centro e a súa familia, amenizou coa súa música e baile a xornada, facéndonos vivir a música tradicional galega.
Para rematar e agradecer a todos e todas a participación nesta semana, entregouse o lapis máxico para tirar das verbas en galego.
Este ano xuntamos a semana da prensa co día da MULLER, para investigar o seu papel no mundo do cinema, xa que é o noso proxecto, ao longo da historia.Todos os cursos buscaron información e fixeron as súas noticias. Este foi o resultado.
Cada 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro, unha das grandes poetisas e novelistas da literatura española do século XIX.
Todo o alumando organizouse por ciclo para renderlle homenaxe, recitando algúns dos seus poemas máis famosos na biblioteca.
O alumnado de 2ºA preparou un bonito "Rosalímetro"
A súa pegada queda representada no xardín do noso cole cunha fermosa camelia, a Camellia reticulata Lindl x Camellia japonica L. (especie híbrida) unha árbore memorable agasallo da Fundación Rosalía. Plantada no ano 1968 na honra de Rosalía.
Carteis con mensaxe de PAZ do alumnado que participou nesta fermosa actividade, con marabillos deseños sobre o que significa para elas e eles a paz e a non violencia.