blog BiblioAnisiaMiranda

CARTEIS POLO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Carteis  con mensaxe de PAZ  do alumnado que participou nesta fermosa actividade, con marabillos deseños sobre o que significa  para elas e eles a paz e a non violencia.

    

  

 

 

30 XANEIRO - DÍA DA ILUSTRACIÓN - "LETTERING POLA PAZ"

“Lettering pola PAZ”!!!

Cada 30 de xaneiro (dende 2014) celébrase o “Día da Ilustración” por ser o aniversario do nacemento de Castelao.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura  da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). 

O Día da Ilustración 2023 homenaxeará á pintora galega María Antonia Dans

 

 Xa que o día 30 tamén conmemoramos o DENIP (Día Escolar da Non-violencia e PAZ), a nosa Peiti quere unir as dúas actividades e animarvos a que deseñedes un cartel con mensaxe de PAZ para colgar e encher a entrada do cole.

 

RETO DE CINE

Estades listas e listos para aprender sobre cine, seguro que siiii!Que tendes  moitas ganas de investigar cal son as películas que vos van propoñer. Para iso tendes que estar moi atentas e atentos as pistas e ir completando as respostas.

Moito ánimo e a investigar!!!

 

2º CONCURSO DE CONTOS DE INVERNO

 

 

 

PREMIOS PARAOS GAÑADORES E GAÑADORAS E PARA O ALUMANDO QUE PARTICIPOU. 

         

 

 PARABÉNS PARA TODAS E TODOS

25 N POR ELAS

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, realizamos diferentes actividades de concienciación co desexo de que esta lacra termine e construamos entre todos e todas, un espazo de convivencia igualitaria e respectuosa.

Este ano eliximos como canción representativa para conmemorar este día

POR ELAS de "ADHARA AND RITMAN" 

 

Dende a biblioteca escollemos diferentes libros e xogos para este día.

II Concurso de Contos

Organizamos un concurso!!!!!  

II Concurso de Contos” 

Escribe un pequeno relato. Unha historia de xenerosidade, amizade, amor, sorpresas, alegrías, humor, enxeñosa,…

 

 Totalmente voluntario, pode ter a extensión que cada quen precise. Con presentación limpa e coidada (letra, marxes, ortografía).

Tamén podes incluír algunha ilustración.

 

- Participación individual.

- Haberá premios en tres categorías:

1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo

Data límite de entrega: o venres 18 de decembro.

- Non esquezas poñer: Título, nome e curso. 

- Os contos  tédelos que entregar na caixa do correo (azul, vermella e verde) que estará na mesa da bibliotecaria.  

A vosa amiga, Peiti.

 

Libros sobre o medio ambiente

Día das bilbiotecas escolares - O Cine tamén se le

Este luns, 24 de outubro, xuntámonos para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Este curso celebramos o Día das Bibliotecas Escolares co alumnado d 5° facendo un contacontos aos compis de 1°. Presentamos as normas e organización da nosa biblioteca Anisia Miranda e entregamos os carnets ao novo alumnado no cole.

  Con todo o alumnado estrenamos o novo recanto da biblio na entrada do Centro  onde preparamos un mural "Bookflix" xa que o tema do PDI deste curso é "O cinema".
 Cada aula fixera un traballo previo investigando un libro levado ao cine e propuso un nome para o PDI

Grazas á investigación de todo o alumnado, puidemos comprobar que a primeira carteleira do noso cine está composta por películas que naceron de grandes libros.

 

Matilda, Wonder, Elmer, Pippi Calzaslongas ou Harry Potter; xa están dentro das nosas recomendacións e seguiremos lendo as súas aventuras na nosa biblio Anisia Miranda.