No colexio CEP Xosé Neira Vilas celebramos as Letras Galegas con moitas actividades para gozar e mimar á Nosa Lingua.
Saída pedagóxica ao bosque da Lingua e da Memoria, no que gozamos do contacontos de Ixeo, grazas á comunidade de Montes de Couso.
Plantamos camelias no recuncho adicado a Rosalía de Castro.
Traballos de investigación para coñecer a Francisco Fernández del Riego cun Tíralle da Lingua dedicado ao autor das Letras Galegas 2023.
Visita da Agrupación Sisto, formada por Manu alumno de 6º do centro e a súa familia, amenizou coa súa música e baile a xornada, facéndonos vivir a música tradicional galega.
Para rematar e agradecer a todos e todas a participación nesta semana, entregouse o lapis máxico para tirar das verbas en galego.
Hoxe, mércores 10 de maio, estivo Eva Mejuto na nosa biblioteca co club de lectura de primeiro. A emoción de ver a autora e poder falar con ela palpábase dende ben cedo e nos días previos.
Sorpresa para Eva que comprobou como sabían os lugares e nomes das gatiñas e mesmo fixeron aportacións para a segunda parte do libro. O caso é que ao final Eva Mejuto díxonos que nos animaramos a facer entre todos a segunda parte e tomámolo coma un reto. de momento seguimos viaxando coas gatiñas percorrendo Galicia pero e a segunda parte, onde nos levará...?
Sen dúbida, moi lonxe! Grazas por compartir con nós este momento tan especial!
Onte tivemos a gran sorte de contar coa presenza da escritora Fina Casalderrey no clube de lectura de 5º. Lemos o seu libro "O xenio da cidade do Sal" . Con el coñecemos a figura do compositor Mozart a través dunha viaxe polo Camiño de Santiago ata chegar a Galicia.
Desfrutamos dunha sesión moi especial falando do libro e das vivencias que nos contou Fina. Foi un gran pracer poder ter a autora e compartir con ela ese momento cunha merenda incluída.
Para celebrar o Día do Libro (domingo 23), organizamos cinco obradoiros durante toda a semana na sesión de Hora de Ler :
★ Un Bookflix por aula para colocar no novo recuncho de Peiti, na planta baixa, que se fará ao longo da semana do 17 ao 21 e colgarase o día 24.
Estacións:
1ª Conto tolo: En roda cada alumno escolle nun par de minutos un parágrafo do libro que lle tocou na man e despois lemos todos seguidos para crear un conto tolo.
2ª Torre de libros: Preparamos unha torre de libros de xeito que lendo os títulos das portadas, permitindo engadir algunha palabra conector, creamos un conto.
3ª Abano esconde conto: A partir dun comezo de conto que lles damos, a primeira parella/trío de nenos/-as escribe unha frase e dobra a anterior para esconder, así sucesivamente cada grupiño engade unhas frases ao conto e dobran. Ao rematar abrimos todo o abano para ler a historia.
4ª Rosco literario: preguntas estilo “Pasapalabra”
5ª Bookface: A arte de encaixarse nunha portada de libro. Terán materiais, disfraces, teas e accesorios para preparar a foto.
★ “Lecturas compartidas” o luns 24 faremos parellas ou tríos para ler todas/os xuntos no patio.
Todos os días a nosa biblitoeca esta aberta na entrado do centro, permitíndolle o alumnado o desfrute da lectura, a creatividade.
Cun taller de pintura levado a cabo por alumnas de sexto. Diferentes xogos de mesa...
Tivemos a gran sorte de ter conosco a Anxo Iglesias, que nos transmitíu a súa paixón pola poesía.
Ensinounos o seu libro «Unha nova dimensión», Premio Merlín de Literatura Infantil 2022, e a partir del fixemos actividades moi divertidas; trabalinguas, rapeamos, cantamos cancións de corro, inventamos fonemoramas, repasamos os adverbios de lugar cunha adiviña e un poema ...
Este ano xuntamos a semana da prensa co día da MULLER, para investigar o seu papel no mundo do cinema, xa que é o noso proxecto, ao longo da historia.Todos os cursos buscaron información e fixeron as súas noticias. Este foi o resultado.
A Voz Da Igualdade
Cada 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro, unha das grandes poetisas e novelistas da literatura española do século XIX.
Todo o alumando organizouse por ciclo para renderlle homenaxe, recitando algúns dos seus poemas máis famosos na biblioteca.
O alumnado de 2ºA preparou un bonito "Rosalímetro"
A súa pegada queda representada no xardín do noso cole cunha fermosa camelia, a Camellia reticulata Lindl x Camellia japonica L. (especie híbrida) unha árbore memorable agasallo da Fundación Rosalía. Plantada no ano 1968 na honra de Rosalía.