Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2022-2026

CONSELLO ESCOLAR

Apertura do proceso e constitución da Xunta Electoral

 

Estimadas familias,

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG Núm.187 30/09/2022), informámosvos que  proximamente o CEP Xosé Neira Vilas procederá á renovación parcial dos membros dos sectores educativos onde proceda.

          

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

- A directora do Centro

- Un profesor ou profesora.

- Un pai ou nai ou persoa titora legal.

- Un representante do persoal de administración e servizos

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na Disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG Núm.156 do 9 de agosto de 1996). O sorteo, que será público, preverá a designación de membros suplentes, e celebrarase neste centro o próximo venres, día 28 de outubro, ás 9.30 horas.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.    



page | by Dr. Radut