Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

1 de abril: Día das Artes Galegas

1 DE ABRIL DE 2024: DÍA DAS ARTES GALEGAS. FRANCISCO ASOREY.


O DÍA 1 DE ABRIL CONMEMORAMOS O DÍA DAS ARTES GALEGAS.

ESTE ANO VAI ADICADO A FRANCISCO ASOREY, UN ESCULTOR QUE NACEU EN CAMBADOS NO ANO 1889 E MORREU EN SANTIAGO NO ANO 1961.

Podedes aprender máis sobre a súa vida e responder ás preguntas que elaboraron varios colexios:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/iniciativas-de-dinamizacion?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos- dinamizacion/contido_3329.html


Esculpiu varias obras importantes, pero nos imos centrar na estatua que esculpiu na Coruña. Víchela algunha vez? Onde está situada? Sabías a quen está adicada? Que elementos aparecen na escultura? Sabes identificalos?

Recoméndoche que a visites e te fixes ben nos elementos dos que se compón para poder modelar algún deles.

Estatua

 

Organización Entroido. Pasarrúas cancelado

 

ENTROIDO 2024: VENRES 9 DE FEBREIRO.

 

Pasarrúas polo barrio: cancelado.

 

 En caso de que se poida baixar á pista:

 

Acceso ao colexio de 12:30-12:45 polo portalón de Primaria. Poderán ver o desfile e as actuacións dúas persoas por alumno/a e sentarán nas gradas.

 

As persoas autorizadas para axudar accederán á pista ás 12:30 e esperarán na porta branca que dá acceso a Infantil (os que atendan aos de 3 e 4 anos), os axudantes de 5 anos diante da porta que dá acceso ás escaleiras (onde fan as filas polas mañás) e os de Primaria esperarán na porta de acceso ás escaleiras de 1º a 3º.

 

Ás 12:45 baixarán os grupos por orde. Darán dúas voltas arredor da pista e colocaranse por filas mirando ás gradas para actuar.

 

IMPORTANTE: Non se poden difundir as imaxes. Hai alumnos/as que non posúen autorización.

 

Orde de actuación:

 

- Introdución: Música da “Metro Golden Mayer”

 

1) 3 e 4 anos: “101 Dálmatas”

 

2) 5 anos e 5º: “ Piratas do Caribe”

 

3) 1º: “Os Minions”

 

4) 2º: “Charlie e a Fábrica de Chocolate”.

 

5) 3º: ”Harry Potter”

 

6) 4º: “Mary Poppins”

 

7) 6º: “ Super Mario Bros”

 

- Final: “Looney Toones Cartoon”

 

Sobre as 13:15 os grupos marchan ás súas clases a recoller e sairedes polo portalón de Primaria.

 

A recollida do alumnado é ás 14:00, como sempre.

 

 

 

NOTA IMPORTANTE:

 

SE MAÑÁ VENRES NON SE PODE IR AO PATIO POLA ALERTA METEOROLÓXICA AS FAMILIAS NON PODERÁN ASISTIR E ORGANIZAREMOS ALGO A 4ª E 5ª SESIÓNS POR QUENDAS NO XIMNASIO OU NO SALÓN DE ACTOS.

 

 

Moitas grazas pola súa colaboración e BO ENTROIDO!

 

 

 

 

Mandados do Entroido 2024

Fantasmón
 
Fantasmón quere lembrarnos
que a partir do día cinco
traiamos estes mandados.
 
Atención, teño un mandado:
luns trae un bo peiteado.
 
Non te queimes co "Abril"
e o martes trae o mandil.
 
Que preguiza, quero cama!
mércores deixa o pixama!
 
Como bo cascarilleiro
ven o xoves de choqueiro.
 
O venres: celebración!
luces, cámara e acción!!

Mandados do Entroido 2023

MOITA ATENCIÓN, AMIGOS!

ESTE ANO VINTE E TRES

VOLVE AO BARRIO O PASARRÚAS!

PERO QUERE FANTASMÓN

QUE VEÑAMOS CADA DÍA...

 

*Preme nos enlaces para ver os vídeos.

 

Mandado do luns

NESTE NOVO ENTROIDO

TEÑO QUE DICIRCHE

QUE O TRECE, O LUNS,

TRAIAS ALGO AZUL.

 

Mandado do martes

É NADAL? É UNHA ESTRELA?

NON SEXAS TAN IGNORANTE

PORQUE XA NON É ESA FESTA

PERO O MARTES VEN BRILLANTE.

 

Mandado do mércores

UF, QUE SONO, NON DURMÍN

TANTO QUERÍA ESTA CAMA

QUE AO SAÍR NON ESQUECÍN

MÉRCORES LEVAR PIXAMA.

 

Mandado do xoves

COMO BO CORUÑÉS SON

SIGO MOITO A TRADICIÓN

DE CHOQUEIRO VEÑO AO COLE

ESTE XOVES DE “COMADRES”.

 

Mandado do venres

E POR FIN VENRES DE ENTROIDO

POR FIN PODEMOS SAÍR

POLAS RÚAS DESTE BARRIO

DE “WENCESRAIL” IMOS IR.

 

*Nota: o xoves de choqueiro poden vir disfrazados do que queiran.

 

 

Recursos do Equipo de Dinamización Lingüística

A EOI de Santiago de Compostela coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de presentar Play aRi[t]mar, unha aplicación web que reúne músicas e poemas galegos e portugueses que foron galardoados ou finalistas nas diferentes edicións aRi[t]mar que se levan convocado desde 2016. As obras atópanse principalmente en forma de vídeos musicais e videopoemas, aínda que a plataforma tamén conta con versións escritas das poesías e letras de cancións e outro material complementario. https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_826.html.
 
Que garda o teu chineiro?, un caderno de xogos, obradoiros e brincadeiras para alumnado de infantil e primaria. https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_841/que-garda-teu-chineiro-antaxurada.
 
Atlas de Europa, unha ferramenta útil para o ensino e aprendizaxe da xeografía europea nas aulas de 6º de primaria, ESO e bacharelato. https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_830/atlas-europa-andavira-editora.

Recursos para o alumnado do EDL

RECURSOS PARA O ALUMNADO


-O vídeo Sabes todo o que temos no mar?; un audiovisual centrado na riqueza do noso
mar, tanto no plano biolóxico como no lingüístico:


https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_794/sabes-todo-que-temos-
mar-jaime-beiro-formoso

 


Na canle infantil da CRTVG tedes acceso ás curtas realizadas na pasada edición dun
destes programas, Nós tamén creamos!, moi axeitadas para as clases de infantil e
primaria nestes primeiros días de curso:


http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2022

 


- Os vídeos da serie De aquí para alá. A partir do 14 de setembro, cada mércores estará
dispoñible un, na páxina da SXPL:


https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/
novidades/_/contido_1819/aqui-para-ala

Florencio Delgado Gurriarán. Día das Letras 2022

Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados para conmemorar o Día das Letras.

Antigos costumes

 

E CHEGOU O INTRE DE AMOSAR VARIAS DAS NOSAS TRADICIÓNS ESPALLADAS POR TODA GALICIA!!!!

HAI VARIEDADE TOTAL: LENDAS, XOGOS, RECITADOS, TRABALLOS NAS ALDEAS, HISTORIAS E CONTOS DE DISTINTOS SITIOS DE GALICIA...

BUSCADE UN MAPA DE GALICIA E LOCALIZADE TODAS ESAS ZONAS!!!

APRENDEDE MOITO ESCOITÁNDOOS, POÑEDE EN PRÁCTICA OS RITOS E VISITADE ESES LUGARES!!

MOITAS GRAZAS AOS PARTICIPANTES E ÁS SÚAS FAMILIAS E AMIGOS…!!!

O PRÓXIMO ANO SEGUIMOS!!!

VIVA A NOSA CULTURA TAN RICA!!

 

Letras Galegas 2022

Preme na imaxe para ver os recursos.

Letras Galegas 2022

Día de Rosalía

Este ano conmemoramos o Día de Rosalía recitando e ilustrando poemas da nosa autora máis recoñecida.

Aquí tedes o resultado!

Distribuir contido


by Dr. Radut