Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

Entroido 2021 - Episodio final

Esta semana Tía Pura e Fantasmón quedaron no horto para recordar algúns momentos vividos durante o Entroido 2021. Esperamos que volo pasárades tan ben coma eles!

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

Fantasmón ten algo que contarnos!

Rapaces! Rapazas! Profes! Familias! Fantasmón ten algo importante que contarnos. 

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Primeiro mandado: A Tía Pura quere que o luns....

 Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Segundo mandado: A Tía Pura quere que o martes....

 Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Terceiro mandado: A Tía Pura quere que o mércores...

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Cuarto mandado: A Tía Pura quere que o xoves...

 

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Quinto mandado: A Tía Pura quere que o venres...

Se non visualizas ben o vídeo, preme nesta ligazón.

 

Celebramos o Samaín

Queres ver todo o que o Equipo de Dinamización Lingüística ten preparado para este Samaín?! Preme na imaxe para descubrilo!

Entra no Samaín

Ou accede a través desta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipwenceslaocorunha/aulavirtual/course/view.php?id=61

LETRAS GALEGAS 2020

A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas.

 

Non obstante, a Real Academia Galega, nunha medida sen precedentes na historia da institución, decidiu aprazar a sesión plenaria extraordinaria que se celebra todos os anos do 17 de maio ao outubro. Será entón, despois do verán, cando se leven a cabo os actos que este ano dedican as Letras Galegas á figura de Ricardo Carvalho Calero.

As consecuencias da crise sanitaria provocada por COVID-19 obrigaron á institución académica a aprazar tanto este pleno extraordinario como todos os eventos previstos nas datas anteriores, que será ata despois do verán.

A data elixida para celebrar a sesión plenaria será o 31 de outubro, xusto o día seguinte á conmemoración do 110 aniversario do nacemento do intelectual ferrolán.

Aínda así, non queríamos deixar pasar esta data sen facer unha pequena homenaxe ao autor a través deste vídeo dos compañeiros do Colexio San Pío de Ourense: 

 

Por outra banda, aproveitando as datas, gustaríanos recomendarvos "Un paseo pola música de Galicia", unha web con moitos recursos para percorrer a nosa cultura musical a través do tempo. 

Esperamos que o disfrutedes!!

HISTORIA E RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O SAMÁIN 2019

A FESTA DAS CABAZAS

Hai anos, coincidindo coa chegada do outono, apañábanse as cabazas que se sementaran entre o millo.

A rapazada que colaborara na colleita era agasallada con algunha destas cabazas para que nelas tallaran caveiras arrepiantes, canto máis arrepiantes moito mellor. Colocábanas a noite do 31 de outubro, cunha candea dentro, nos camiños, entre as silveiras, nas fiestras das casas... co aquel de meterlle medo á xente que pasase a rentes delas.

AS ORIXES DO SAMAÍN

A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man. Nesta noite as ánimas dos finados volven visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense a carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

OS CELTAS

Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, mais ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.

 

 

Equipo de dinamización lingüística

CEIP Wenceslao Fernández Flórez A Coruña

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019

O pasado venres, 24 de maio, celebramos no cole o festival das Letras Galegas 2019 no que homenaxeamos a Antonio Fraguas Fraguas. 

Alumnos e profes traballaron moito para preparar unhas actuacións do máis variadas e coas que esperamos que disfrutedes:

Distribuir contido


by Dr. Radut