Skip to Content

Educación infantil

Blog de Educación Infantil

Podedes seguir todas as actividades dos peques de Infantil no seu blog: Blog de Infantil

O PERIODO DE ADAPTACIÓN 20/21

O PERIODO DE ADAPTACIÓN

 

Entendemos por adaptación o tempo que cada neno/a precisa para familiarizarse coa escola, cos adultos e cos iguais, para chegar a sentirse a gusto e ser capaz de despedirse sen angustias, xa que de unha boa adaptación vai depender a súa actitude cara a escolarización.

Por que lle damos tanta importancia?

Para os nenos/as é unha situación nova: espazos, persoas, horarios… (Aínda que xa estivesen escolarizados)

Cada un ten o seu propio ritmo de adaptación e non debemos ter presa nin facer comparacións cos outros/as respectando o tempo que cada un necesite.

A lexislación vixente marca para o curso 2020-2021 o período de adaptación entre o 10 e 30 de setembro.

 

HORARIO

10 e 11 de setembro

2 quendas por aula coa metade do alumnado en cada unha delas co seguinte horario

1ª QUENDA: 9.30 A 11:30H

2º QUENDA: 12:00 a 14:00h.

14 ao 18 de setembro

1ª QUENDA: 9.00 A 11:00H

2º QUENDA: 12:00 a 14:00h.

21 ao 30 de setembro

Todo o grupo de aula co seguinte horario:

9:00 a 12:45H

(É MOI IMPORTANTE A PUNTUALIDADE NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO COLE)

 

O acceso ao centro do alumnado de 4º de Educación Infantil farase polo portalón negro do centro situado na rúa General Rubín (rúa sen saída peonil tanto se van polas escaleiras coma pola beirarrúa).

Unha vez que teñen accedido ao patio exterior de Infantil esperarán alí. Pedimos que a persoa que veña a buscar ao neno/a manteña a distancia física de seguridade axeitada co resto das familias e só se aproximen ao portalón verde do edificio de Educación Infantil cando a titora vaia dicindo o nome do seu fillo/a. Isto axudará a evitar aglomeracións ao carón do portalón, facilitará as mestras a entrega do alumnado e os/as nenos/as amosarán menor ansiedade no momento da espera para ir coa súa familia.

A hora de acceso será a establecida no plan organizativo para o acceso ao centro. 

 

Estaremos nas aulas as titoras correspondentes e as mestras de apoio (unha en cada aula).

Nas entradas, as titoras estarán na aula para recibir ao alumnado e as mestras de apoio controlarán o acceso as dependencias do centro.

Nas saídas estaremos titoras e mestras de apoio.

CAIXA ROSA, CAIXA AZUL

11/02/2020 19:07

Aínda que os peques de 3 anos non participaron nos talleres do Concello, si que traballaron tema na igualdade na aula.

Concretamente a igualdade de xénero cobra moita importancia nestas idades temperás xa que é cando os rapaces toman conciencia da súa propia identidade e da dos demais. Tentamos que a linguaxe, os xogos e xoguetes, o tratamento cara aos nenos e nenas sexa non sexista educando en igualdade.

Tamén facemos moitas actividades de concienciación e aprendizaxe. 

Aquí podedes ver a secuencia desta actividade, na que os pequerrechos tiñan que elexir con que caixa de xoguetes querían xogar pero sen abrila. Cando o fixeron descubriron que os xoguetes que agochábanse dentro igual non eran o que eles esperaban vendo o seu exterior...

Álbum: Coeducación -> Caixa rosa, caixa azul

FESTIVAL DE NADAL PARA AS FAMILIAS DE INFANTIL

20/12/2018 12:48

Concerto

19/03/2013 10:30
19/03/2013 11:30

Concerto "Los colores de las cuerdas" para os alumnos de 2º de Educación Infantil A e B.

Educación Infantil

07/03/2013 10:00
07/03/2013 11:30

3 anos

Aquarium

07/03/2013


Rutas urbanas animadas

26/04/2013, ás 10:00 h. en Méndez Núñez: "Méndez Núñez, un jardín de sensaciones". Saída Bus: 9:30 h.


4 anos

Bombeiros

18/01/2013 e 29/01/2013; día 18, 4A; dia 29, 4B


Concerto: "Los colores de las cuerdas"

19/03/2013, ás 10:30 h.; Sala de Cámara del Palacio de la Ópera


Teatro: "La Cenicienta y las zapatillas de cristal"

11/04/2013, ás 12:00 h; Forum Metropolitano. Saída Bus: 11:30 h.


Rutas urbanas animadas

16/04/2013 ás 11:30 h. en María Pita: "Historias de María Pita". Saída Bus: 11:00 h.


Teatro de títeres: "A caixa de música"

30/04/2013, ás 10:00 h;  Fundación Caixa Galicia. Saída Bus: 9:30 h.


5 anos

Bonilla

27/02/2013, 10:30 h.


Concerto: "Los colores de las cuerdas"

19/03/2013, ás 10:30 h.; Palacio de la Ópera


Teatro: "La Cenicienta y las zapatillas de cristal"

12/04/2013, ás 12:00 h; Forum Metropolitano


Teatro de títeres: "A caixa de música"

30/04/2013, ás 10:00 h.; Fundación Caixa Galicia.


Rutas urbanas animadas

02/05/2013 ás 11:30 h. en zona de Méndez Núñez: "Un museo ó aire libre". Saída Bus: 11:00 h.


Veo, veo: Monte San Pedro (audio e taller)

08/05/2013, ás 10:00 h. Audio na biblioteca; ás 10:30 h. talleres nas aulas.


Saída ao Monte San Pedro

09/05/2013, ás 12:00 h. Espera o monitor no aparcadoiro do parque.


Camino escolar seguro

13/05/2013. 5A ás 10:00 h. 5B ás 11:00 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut