Skip to Content

Actividades

A muller de abril e maio era...

YOLANDA CASTAÑO PEREIRA


Parabéns aos gañadores!

 

Yolanda Castaño Pereira, naceu no ano 1977 en Santiago de Compostela. En 1990 veu a vivir á Coruña, onde estudiou bacharelato e licenciouse en Filoloxía Hispánica.

Con dezasete anos gañou o Premio Ferrín Bouza Brey, grazas a el publica “Elevar as pálpebras”(1995). Comeza unha carreira que levoulle a publicar algúns títulos moi destacados da lírica galega das últimas décadas, como “Vivimos no ciclo das erofanías (1998), que foi premio Johán Carballeira y Premo da crítica española, “Profundidade do campo (2007), que foi Premio Espiral Maior, ou “A segunda lingua” (2014), que foi premio da Poesía a Fundación.

É membro do equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega e de Letras de Cal, nova editorial de poesía destinada a publicar aos novos valores. Cunha intensa labor como conferenciante, recitadora e articulista convertese nunha embaixadora da literatura e da cultura de Galicia, que representou en diversos foros por todo o orbe, incluíndo Arxentina e outros países de Latino América, como Venezuela, Perú, Colombia ou Nicaragua.

Como poeta e tamén como crítica literaria, colaborou en diversas publicacións como: Festa da palabra silenciada, Dorna, A xanela, Clave Orión, A Flama no Espello, Quimera, O Correo Galego, A nosa terra, Ólisbos, Elipse, Enclave, o no Mundo.

Participou en varios volumes colectivos como “Daquelas que cantan...”, “Rosalía na palabra de once poetas galegas” (1997), que foi editada pola Fundación Rosalía de Castro e que acompañaba dun CD, “Muller a facer vento” (1998), ou “Alguén agarda que volva alí” (1998). Ademais de participar en numerosos recitais, organizou xunto a Enma Couceiro os Ciclos de Recitais Poéticos en Filoloxía, celebrados mes a mes entre 1996 e 1998.

Participou no programa da TVG chamado “Cifras e Letras”, na sección das Letras, é guionista, comisaria de Arte e poesía, autora infantil e xuvenil (“Punver” ou “Cando eu saiba ler”), tradutora, ensaísta, as súas obras publicáronse nunha vintena de idiomas.

Dende hai un lustro dirixe na Coruña o ciclo Poetas Di (n) versos, foro mensual no que creadores galegos e de todo o mundo recitan os seus textos. Na mesma liña, coordina tamén un Taller Internacional de Tradución poética que celébrase cada outono na emblemática illa de San Simón, próxima a Vigo.

Nos últimos anos traballou en proxectos nos que a poesía hibrida con outras artes, como a plástica, música, performance, danza, arquitectura, audiovisual ou incluso gastronomía. Desta fusión naceron publicacións como o libro-cd “Edénica no 2000”, ou a sua colaboración como letrista de músicos como, Gaudi Galego ou Rosa Cedrón.

En relación co debuxo, falar do seu libro, “Xela quixo ser ela”, que é a biografía da protagonista do Día das Letras Galegas 2021, Xela Arias, dirixida ao público novo. A poeta, Yolanda Castaño, presenta a vida de Xela Arias dende os anos de infancia, onde quedou claro o seu amor pola literatura e a lingua, e tamén as súas ansias de independencia e liberdade.

 Grazas a todos/as por participar, por facer estes traballos de investigación tan ben feitos!

Aprendemos moito de moitas mulleres importantes, algunhas por desgraza olvidadas.

A final de curso recibiredes un pequeno agasallo!

Seguide aprendendo destas mulleres e doutras.

Ata o próximo concurso!

II Concurso "Quen é?" - Abril-Maio 2021

Observa esta foto e le as pistas:

Pista Muller Abril-Maio

PISTAS:

    1. Unha das “Mulleres nas letras” que está pintada nun edificio de Vigo é a muller que debes buscar.

    2. Que celebramos o día 23 de abril e o día 17 de maio? Esta muller está relacionada coas dúas conmemoracións.

    3. Este ano adicamos as Letras Galegas a Xela Arias. A muller que estás a buscar está adscrita á corrente de “poesía de muller”, xunto á homenaxeada deste ano.

    4. Estudou no IES Puga Ramón!

    5. Veu á biblioteca do noso colexio no curso 2018-2019 e asinou exemplares dun libro seu. Hai dous na biblioteca. A súa dedicatoria foi moi orixinal.

    6. Participaba na sección de letras no programa “Cifras e letras” da TVG.


QUEN É?

Manda a túa resposta e un breve traballo a musicawff@gmail.com ATA O VENRES 28 DE MAIO ÁS 14:00. Pon no asunto: MULLER DE ABRIL-MAIO.

Podes tamén mandar un debuxo!!

ANÍMATE A PARTICIPAR!! GRAZAS!!

A muller de marzo era...

NORABOA AOS 4 ACERTANTES!!  ERA ANTONIA FERRÍN MOREIRAS!!

 

Debuxos de Antonia Ferrín Moreiras

 

Antonia Ferrín Moreiras



Antonia Ferrín Moreiras naceu en Ourense no ano 1914. Finou aos 95 anos en Santiago de Compostela no ano 2009.

Foi a máis lonxeva da nosas astrónomas, foi a pioneira nesta materia. Ademais foi a primeira muller en ler unha tese doutoral en astronomía en España, no ano 1963, tamén foi unha excelente profesora tanto en Madrid como en Santiago de Compostela. Licenciouse en Ciencias Químicas e Farmacia pola universidade de Santiago de Compostela, estes estudios, o seu traballo como mestra nacional e dous anos de Ciencias exactas realizounos antes da Guerra civil, ademais de exercer como profesora de Matemáticas no Instituto de Ensinanza media de Santiago de Compostela.

Ao estalar a guerra, foi suspendida da actividade académica, xa que se lle abriu un expedinte de depuración debido a unha denuncia anónima provocada polas súas ideas políticas. A comisión sancionadora inhabilitouna para desempeñar cargos de confianza e veuse obrigada a deixar a docencia no instituto. En 1940 solicitou a revisión da súa causa e conseguiu reanudar as clases na Facultade de Ciencias.

Rematada a guerra acabou os seus estudios de Matemáticas na Universidade Central de Madrid como alumna libre. Na década dos 40 iniciou os seus traballos de investigación baixo a dirección de D. Ramón María Aller Ulloa, director do Conservatorio Astronómico e Catedrático da USC. Entre os anos 1952 e 1963 traballou no CSIC como axudante de Investigación. En 1963 lee a súa tese doutoral que será a primeira en Astronomía e a primeira que se defende na Sección de Matemáticas da USC. Nese mesmo ano é nomeada Catedrática Numeraria de Matemáticas na Escola de Maxisterio “Santa María” de Madrid. A partir de entón trasladase a Madrid onde tamén foi profesora adxunta na Cátedra de Astronomía da Facultade de Matemáticas da Universidade Complutense. Xubilouse no ano 1984.

As súas contribucións principais á Astronomía, realizadas no Observatorio de Santiago, consisten en traballos sobre ocultacións estelares, medidas de estrelas dobres e determinación de pasos por dous verticais.

Unha anécdota que lembraba sempre foi o frío que pasaba no Observatorio coas faldras e que non podía usar pantalóns porque era un tempo no que era unha prenda que nos se toleraba nas mulleres.

II Concurso "Quen é?" - Marzo 2021

ADIVIÑA A MULLER DE MARZO!!!!

Muller concurso Quen é? de marzo 2021
       
PISTAS:

1-    Naceu en Ourense, pero viviu a maioría da súa vida en Santiago.

2-    Estudou tres carreiras: Química, Farmacia e Matemáticas e foi profesora, pero descubriu que a súa paixón era a… e compaxinou as dúas cousas.

3-    Se sabes o que é un Observatorio, saberás cal foi a súa paixón e ela foi a primeira muller española…

4-    Grazas ao seu labor agora se puido conseguir, por exemplo, que Perseverance aterrizase hai pouco en Marte.

5-    Sufriu unha inxustiza polo único feito de ser muller. Cal?

 

INVESTIGA, MANDA A TÚA RESPOSTA E UN BREVE TRABALLO A musicawff@gmail.com         

ANTES DO VENRES 26 DE MARZO.

A muller de xaneiro e febreiro era...

NORABOA AOS CATRO ACERTANTES DO CONCURSO DA MULLER DE XANEIRO-FEBREIRO!!!

Era…


RIMA SULTANA RIMU

Rima Sultana Rimu

Rima Sultana Rimu, naceu en Ramu, Bangladesh, en 2002, polo que ten agora 19 años, filla dunha familia de campesiños, traballa como unha educadora, e é activista bengalí,  polos dereitos humanos e pola paz, defensora da minoría étnica rohingya e doutras comunidades, imparte clases e actúa de mediadora en Bazar de Cox bengalí, un dos campos de refuxiados máis grande do mundo. Adícase a dar talleres sobre a participación das mulleres e a xuventude na construción da paz, educa ás nenas sobre os seus dereitos mediante a utilización do teatro e as transmisións de radio.

No ano 2018, con tan só 17 anos, involúcrase na rede internacional  de mulleres xoves polo liderado, en Cox´s Bazar, que pertence a Rede Global de Mulleres Construtoras da Paz, que recibe o apoio da ONU mulleres.

Tamén contribuíu  a diminuir as tensións crecentes entre a poboación autóctona e a avalancha de refuxiados e solicitantes de asilo Rohingya, agravadas en 2010, pola pobreza que tiñan na provincia de Bazar de Cox.

Por realizar esta tarefa humanitaria, no ano 2020 foi designada como unha das mulleres máis influíntes e inspiradoras do planeta pola cadea británica BBC, a través da súa iniciativa 100 Mulleres BBC.

Rima loita para que as mulleres non sexan tratadas de forma distinta e inferior aos homes. Ela di que vive nun país cunha cultura moi tradicional, afectado pola violencia e o desprazamento

Loita contra os problemas de matrimonio infantil, acoso nas rúas, violencia sexual...

Cando empezou a súa loita a moitos non lles gustou, incluso membros da súa familia, porque dicían que faltaba ó respecto á súa relixión.

A súa labor é que as mullere e nenas poidan ler e escribir para comprender completamente os seus dereitos. Se non teñen educación, non poden defenderse. É  moi difícil que poidan ser independentes economicamente; por iso loita por marcar esa diferenza.

Agora mesmo todos os problemas destas mulleres agraváronse máis polo COVID, xa que moitas nenas deixaron de ir á escola. Non é fácil poder dar os talleres, volve a haber un aumento de matrimonios infantís nos campos de refuxiados

A loita continúa...

 

Debuxo de Rima Sultana Rimu

 

II Concurso "Quen é?" - Xaneiro-Febreiro 2021

 

II Concurso Quen é? - Xaneiro-Febreiro 2021

 

ESTAS SON AS PISTAS:

    1. É moi nova

    2. É rohinyá. Que significa iso?

    3. O seu país é Birmania, pero vive no país veciño. Por que?

    4. O labor que deesmpeña é moi importante e está relacionado coas dúas datas de xaneiro que estamos a celebrar estes días. Cales?

 

Adiviña quen é a muller de xaneiro-febreiro.

Manda o seu nome e unha breve biografía a musicawff@gmail.com antes do venres 26 de febreiro ás 14:00.

 

ANÍMATE A PARTICIPAR E SORTE!!

 

A muller de decembro era... INMA SHARA!!

Noraboa aos cinco acertantes!!! Este mes foi máis curto e xaneiro tamén o será.

Animádevos o resto a participar!!

O seu nome real é Inmaculada Concepción Lucía Saratxaga, naceu en Amurrio, Álava, no ano 1972. É directora da orquestra española.

Con catro anos empezou na música, xa con dezaseis elixe a batuta como instrumento. Os seus estudos fíxoos no Conservatorio de Bilbao e de Vitoria. Dirixiu as orquestras máis importantes de España, colaborou coas mellores orquestras estranxeiras e tamén colabora con solistas de talla internacional.

Debutou como directora de orquestra no ano 1999, con só 27 anos.

Dirixiu as máis importantes orquestras sinfónicas españolas e colaborou con algunhas das mellores orquestras do mundo como a London Philharmonic Orchestra, a Israel Philharmonic e a sinfonía checa, rusa, Roma, Taiwán, Milán, lItuana, ucraína, etc. Tamén colabora, con solistas da talla de Mischa Maisky, Boris Berezovsky ou Shlomo Mintz, entre outros.

En 2007 foi elixida membro da Jakiunde, Academia de Ciencias, Artes e Letras do País Vasco.

En decembro de 2008, foi a primeira muller en dirixir un concerto no Vaticano. Foi antes de 7.000 persoas e o papa Bieito XVI con motivo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

En 2009 foi galardoada co Premio á Excelencia Europea "pola súa proxección e contribución internacional á música clásica", condecoración que comparte co presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, Landevillo Lavilla, asesor permanente do Consello de Estado , e outras entidades españolas. No 2009 tamén recibiu o premio Sabino Arana.

No 2010 dirixiu á Orquestra Sinfónica Nacional Checa no concerto inaugural da programación musical do Xacobeo. Nesa ocasión, interpretaron por primeira vez a"Melodía de Mondariz", creada en exclusiva por Inma Shara para este concerto.

Ese mesmo ano foi premiada EVAP 2010 (Asociación de Empresarias e Profesionais de Valencia).

Dirixiu o Concerto solidario “A Team for The World África, no ano 2013, que o que quería era apoiar os proxectos de Harambee no continente africano, no año 2014 fixo outro para este proxecto. Tamén organizou concertos coa fundación Padre Arrupe. Foi nomeada como Embaixadora honoraria da marca España. A Xunta directiva da asociación Española de Directores de Recursos Humanos outorgoulle o Premio Xestor de Persoas 2014 pola traxectoria profesional.

Colabora con unha marca internacional de reloxos, a través deles organiza concertos que son destinados a axudas sociais. Por exemplo fixo un que donou a súa recadación á loita do Alzheimer, colabora con moitas asociacións sen ánimo de lucro: Axuda contra a fame, vítimas do terrorismo, Axuda en Acción, programas infantís de música para nenos con poucos recursos.....

Levou a cabo xiras de Gospel, dirixiu o concerto do 50 aniversario da fundación Xoán XXIII a favor das persoas con discapacidade intelectual, neste evento participou o coro composto por 15 persoas con estas discapacidades

Ten no mercado proxectos discográficos coa casa Sony, tamén unhas obras como son A Illa dos sons, dous volumes con libro e CD de música clásica e a Batuta invisible.

debuxos de Inma Shara

 

II Concurso "Quen é?" - Decembro 2020

Adiviña quen é a muller de decembro:

Muller Coeducación Decembro 2020

PISTAS:
    1- Aínda que o seu apelido artístico parece estranxeiro, é española.
    2- É artista.
    3- O seu oficio é o mesmo que o do personaxe de Pierre Morhange na película “Os nenos do coro”.
    4- Dirixiu a celebración do 60º aniversario da… Que celebramos o 10 de decembro?

MANDA A SOLUCIÓN E UNHA BREVE BIOGRAFÍA A musicawff@gmail.com ANTES DO 18 DE DECEMBRO ÁS 14:00

NORABOA aos sete acertantes da muller de novembro!!

A muller do mes de novembro é THERESA KACHINDAMOTO, gobernadora ou xefa suprema (Inkosi) de Dedza, distrito de Malawi dende o ano 2003) e ten alcanzado recoñecemento internacional ó combater un dos maiores problemas sociais de África: os matrimonios infantís.

Un día, de casualidade, atopouse cunha nena de 14 anos e un bebé en brazos que non paraba de chorar, achegouse a ela e díxolle que levase ó bebe coa súa nai. Ela explicoulle, entón, que era ela a nai do pequeno, e o pai tiña tamén 14 anos. Esa realidade, moi común no seu país, fíxolle aceptar o cargo para poder loitar contra o matrimonio infantil. Nese contexto, Kachindamoto xurdiu como unha esperanza feminista velando polos dereitos de aquelas nenas forzadas a contraer matrimonio.

vida

O cargo político de Kachindamoto equivale a ser alcaldesa e dende aí  logrou poñer en marcha cambios que a converteron nunha aliada vital na loita polos dereitos das mulleres e das nenas; ordenou a 50 dos seus subxefes a asinar un acordo para poñer fin ao matrimonio infantil no distrito de Dedza, enviou ás nenas á escola – ás veces pagando os colexios de cada unha cos seus propios fondos-, e ademais pediu ao parlamento que aumente a idade mínima para contraer matrimonio ós 21 anos.

“Despois de localizar o problema nunha viaxe polos pobos do meu distrito, puxen a 300 persoas traballando para que foran os meus ollos alí”, sinala. Dese xeito, cando estes ‘espías’ dan a voz de alarma, esta acode para falar cos pais e mostrarlles os riscos que supón esa decisión. “As nenas queren ir á escola, pero por si soas non poden facer nada porque son forzadas”

Aínda que moitos a critican e ten ameazas, ela non deixou de loitar, o que lle valeu para ter un recoñecemento internacional.

Entre algúns dos premios está o Premio Navarra á Solidariedade en novembro de 2018.

debuxos

“Educa a unha rapaza e educas a toda a área … Educas ao mundo”.

II Concurso "Quen é?" - Novembro 2020

A muller de novembro é...

Quen é? - Novembro 2020

PISTAS:

    1) Era a pequena de doce irmáns.
    2) Adícase a defender os dereitos que conmemoramos o 20 de novembro. Cales?
    3) Ela di que a educación é a base para impulsar un cambio na cultura do seu país.
    4) O seu país limita con Zambia, Mozambique e Tanzania.
    5) É a xefa de 300 “espías”.

O prazo para mandar a resposta e unha pequena biografía a musicawff@gmail.com remata o venres 27 de novembro ás 14:00.

Participade e sorte!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut