Skip to Content

Quinto

Visita Casa dos Peixes

O pasado luns 11 de decembro o alumnado de 5º de EP gozou dunha visita ao Aquarium Finisterrae. A maiores da visitar as distintas instalacións puideron observar a alimentación dos peixes da sala Nautilus e das focas no exterior do Aquarium.

Foi unha visita xenial!

Álbum de fotos 

Álbum de fotos

Horario espello 5ºB EP

Horario espello 5ºB

 

Cabazas picassianas

17/11/2021 19:41

Ollade as orixinais cabazas que fixeron as rapazas e rapaces de 5ºEP!

Álbum: Actividades alumnado -> Cabazas picassianas

EXPOSICIÓN: "UNA AUTOPISTA DESTRÁS DEL ENCHUFE".

12/12/2019 16:45

O alumnado de 5º de primaria acudiu fai uns días ao Palexco para desfrutar da exposición "Una autopista destrás del enchufe", de Red Eléctrica Española. A mostra foi deseñada para explicar de forma didáctica e a través dun percorrido interactivo, o funcionamiento do sistema eléctrico español e sensibilizar aos ciudadáns sobre un consumo eficiente e responsable da enerxía.

Álbum: Visitas escolares -> 5º: Exposición Red Electrica Española

AS NOSAS PEQUENAS XORNALISTAS

Durante este curso varios alumnos de 5º de primaria participaron no concurso de "La Voz de Galicia" participaron no "XVI Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil" e un dos traballos presentados polo noso cole foi premiado co primer premio!!

Moitos parabéns Magalí e noraboa a todos os participantes e a súa profe!!!

Concurso LaVozConcurso LaVoz

ORIENTÁMONOS POLO PARQUE DE OZA

11/06/2019 10:34

Os alumnos e alumnas de 5º B aproveitaron a mañana co profe de educación física facendo xogos de orientación polo parque, buscando fotos, superando probas, traballando en equipos...

Un día diferente para lembrar neste duro final de curso. Pasárono moi ben e portáronse aínda mellor!!

Álbum: Visitas escolares -> Orientación 5ºB

VISITA AO CONCELLO SOBRE RODAS

05/06/2019 10:18

E  a choiva deunos tregua!!

Con moitas dúbidas durante toda a noite e parte da mañana, o alumnado de 5º de primaria atreveuse a sair en bicicleta coa idea de chegar secos ata o Concello de A Coruña.

O desexo cumplíuse, e pais, alumnos e profes puidemos gozar dun agradable paseo en bici e unha visita ao concello que resultou un luxo xa que puidemos visitar salas de acceso ata agora prohibido.

A volta máis do mesmo, diversión e ledicia. 

Portáronse como campións. O próximo ano máis!

Álbum: Visitas escolares -> Concello en bici 5º

ORIENTACIÓN EN 5ºA

Hoxe o alumnado de 5º A tivo unha clase de Educación Física diferente, marchamos ao parque de Oza para realizar todos xuntos unha proba de orientación.

Nos primeiros momentos costoulles un pouco organizarse por equipos, distribuir as fotos, os controis de cruces e seguir o plano, pero en nada acadaron o obxectivo da actividade e pasalo bomba entre eles.

Tiveron tempo para traballar, merendar e xogar! A volta... non querían ir ao cole!!

Outro día tocaralles ao grupo B, estade preparados!!

SAÍDA: CASTRO DE ELVIÑA

28/04/2019 09:48

O pasado luns, 29 de abril, as nenas e nenos de 5º primaria visitaron o Castro de Elviña. 

Aprenderon moitas cousas moi interesantes e gustoulles moito.

 

Álbum: Visitas escolares -> Castro de Elviña 5º

VISITA AO PARLAMENTO E A CATEDRAL DE SANTIAGO

28/02/2019 09:00

O alumnado de 5º e 6º de primaria, acompañados dos seus titores e da profesora de relixión, desprazouse o día 28 de febreiro ata Santiago de Compostela para visitar o Parlameto de Galicia, institución que coñeceron axudados por un guía , tanto dende o punto de vista histórico coma de funcionamento político ademáis de gozar dunha ampla exposición de obras de artistas galegos que alí tamén teñen cabida. 

Tamén se visitou a Catedral, esta foi vivida con grande interese, sobre todo a parte na que se lles explicou o significado do Pórtico da Gloria e o que quiso transmitir o mestre Mateo a través desa biblia escultórica. 

Viaxe, sen dúbida, moi proveitoso!

Podedes descobrir a fotos da viaxe premendo aquí.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut