Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Cinema na Escola 2024

Este curso o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou no programa Cinema na Escola.

Aprendemos todo o proceso de creación dunha película: realización do guión, busca de localizacións, gravación... e realizamos unha curtametraxe, O Froito Misterioso.

Onte, xoves 2 de maio, tivo lugar no auditorio do Ágora a gala de entrega de premios. Obtivemos o 1º premio na categoría de mellores efectos visuais.

Parabéns a todas/os!

 

Enlace ao programa Cinema na Escola 2024: https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-program...

 

Representación do alumnado participante

Representación do alumnado participante

1º premio mellores efectos visuais

Día Internacional da Muller

I CERTAME DE CRACHÁS

Para celebrar o Día da Muller organizamos un concurso de crachás en Infantil e outro en Primaria. As gañadoras son as que levaremos postas o 8M.

Certame de crachás

Festival Nadal 2023

As cabazas van ao cine!

ATENCIÓN!! CHEGA O SAMAÍN 2023!


“AS CABAZAS VAN AO CINE”!!!


Un ano máis, realizaremos unha exposición de cabazas os días 30 e 31 nos corredores do colexio. Por iso necesitamos a vosa colaboración, sempre de xeito voluntario, para facelas na vosa casa e traelas o LUNS 30 DE OUTUBRO. O tema deste ano é o cine, así que podedes converter esa cabaza nun personaxe, nunha escena ou en todo o que a vosa imaxinación vos suxira!!

Ata o infinito... e máis alá!!!

O alumnado que o desexe pode vir disfrazado O MARTES 31 DE OUTUBRO, pero sen complementos, nin máscaras, nin obxectos que interrompan a marcha das clases.

Ese día, para o tempo da merenda no colexio, tamén poden traer alimentos relacionados co Samaín.

GRAZAS!

 

Graduacións 2023

Graduación 6º EI

 

Graduación 6º EP

Saída á praia de Sabón

Hoxe rematamos o curso 2023/24 cunha saída á praia de Sabón de todo o alumnado de educación primaria.

Felices vacacións!!!

 

Álbum de fotos

Saída á praia de Sabón

Actividade educación vial

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou, xunto coa policía local, nunha actividade de educación vial.

Tivemos unhas charlas nas aulas e saímos pola contorna para felicitar, agasallando flores, ás persoas que cumpren a normativa viaria.

O Atlántico parte de ti

O Servizo Municipal de Educación, en colaboración co Servizo Municipal de Deportes, ten en marcha o programa O Atlántico parte de ti, orientado aos deportes náuticos.

O alumnado de 5º e 6º EP do noso centro participou nesta actividade.

Álbum de fotos

 

Recollida de alimentos

Recollida de alimentos

Wences pola Paz!

O luns 30 de xaneiro celebramos o día Escolar da Non Violencia e a Paz. Todo o colexio recordou o significado de vivir na Paz e crear un colexio cos valores de respecto e amizade. Fixemos actividades nas aulas, elaboramos un gran mural co que "deixar pegada" e, finalmente, celebramos, cantamos e bailamos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut